GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Parlamento Europeo rexeita o "permiso único" para a inmigración

(16/12/2010)

O Parlamento Europeo rexeita o "permiso único" para a inmigración




A directiva consagraba a discriminación dos estranxeiros non comunitarios

O Parlamento Europeo rexeitou onte a directiva de "permiso único" que consagraba a discriminación dos inmigrantes de terceiros países en importantes dereitos laborais e sociais. Unha disputa de última hora entre liberais e conservadores permitiu aos grupos de esquerda pechar o paso ao polémico texto. Alejandro Cercas, eurodiputado socialista, e principal artífice da mobilización, expresou a súa satisfacción polo rexeitamento a unha norma que "permitía a entrada en Europa de traballadores que non quedaban sometidos ao dereito comunitario nin ao dereito nacional, o que fomentaría os sentimentos de xenofobia, racismo e rexeitamento cara aos inmigrantes".

O voto dun importante sector dos liberais, polas últimas modificacións do Consello, provocou un cambio decisivo na votación cuxo resultado foi de 350 votos en contra, 306 a favor e 25 abstencións. Guy Verhofstadt, presidente do grupo liberal, manifestou que "a proposta da Comisión proporcionaba un procedemento simple e único de residencia para os traballadores de terceiros países, pero o Consello insistiu en que os Estados poderían esixir documentos adicionais. Pero isto sería unha burla á proposta de ter un procedemento único e simplificado".

A directiva foi devolta á Comisión Europea, para que considere se mantén a súa proposta inicial. O vicepresidente do Parlamento Europeo Alejo Vidal- Quadras, que dirixiu a sesión do plenario, dixo que tras as explicacións da comisaria Neelie Kroes, en representación da Comisión Europea, entendía que en principio o Executivo comunitario mantería a proposta. Agora haberá que ver primeiro se finalmente a Comisión mantén o mimo texto. Pola súa banda, os eurodiputados dispoñen de dous meses para buscar de novo un acordo.

Cercas sinalou con notorio entusiasmo: "Agora temos unha nova oportunidade". "Necesitamos" dixo, "un debate aberto ante a sociedade civil europea, ante as ONG, ante a Igrexa e ante os sindicatos".

Anna Terrón, secretaria de Estado de Inmigración, manifestou que o Goberno apoiará a posición do Parlamento e pedirá á Comisión Europea que "revise a proposta". "Trátase", dixo, "de evitar unha directiva Bolkenstein mundial [en relación á antiga directiva de servizos] e impedir abusos no traslado de traballadores nas compañías multinacionais".

O líder dos socialistas españois no Parlamento Europeo, destacou: "evitamos que Europa dea un paso atrás". "Estamos aquí", engadiu, "para velar pola igualdade no traballo e preservar o noso modelo de protección social. Con esta votación, o Parlamento Europeo demostrou, unha vez máis, a súa importancia no proceso lexislativo da UE".

Willy Meyer, eurodiputado por Esquerda Unida, expresou a súa satisfacción polo rexeitamento da directiva por parte da Eurocámara "porque era un proxecto que violaba a igualdade dos traballadores". A proposta de directiva de "permiso único", que pretendía fixar un marco de dereitos uniforme para estes inmigrantes, estaba chea de exclusións e derrogacións. Así, están excluídos os traballadores temporais, os desprazados, os trasladados por empresas de terceiros países, os de empresas prestadoras de servizos mediante contrato, e determinados supostos de aprendices.

Existía o risco evidente de establecer importantes diferenzas nos dereitos dos traballadores europeos e os desprazados de terceiros países. Moitas compañías poderían trasladar as súas sedes a países terceiros como Marrocos ou Turquía e desprazar despois aos traballadores deses países ás súas sucursais na UE coas mesmas condicións laborais do país de orixe.

As derrogacións máis significativas son as referidas á exportación de pensións, recoñecemento de prestacións familiares, o dereito á vivenda, á formación e á educación permanente. Isto significa, por exemplo, que un emigrante turco ou marroquí que traballe en Alemaña non poderá recibir a súa pensión no seu país de orixe se decide retirarse alí, senón que deberá permanecer no Estado onde traballe.

A aprobación desta directiva consagraría a inferioridade do dereito europeo en materia laboral e social respecto ao Convenio de Nacións Unidas de 1990, sobre a protección de dereitos de todos os traballadores inmigrantes e as súas familias.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas