GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes deben apuntarse antes do 15 de xaneiro para votar

(16/12/2010)

Os inmigrantes deben apuntarse antes do 15 de xaneiro para votar

Poderán facelo cidadáns de Bolivia, Chile, Colombia, Ecuador, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai e Perú

EFE / MADRID Os inmigrantes que residen de xeito legal en España e que proceden de países cos que España ten un acordo vixente deberán inscribirse no censo electoral antes do 15 de xaneiro se queren votar nas próximas eleccións municipais.

Así o explica o Ministerio de Traballo e Inmigración nun comunicado, no que dá conta da última reunión da Comisión Permanente do Foro para a Integración Social dos Inmigrantes, que se celebrou este mércores e que abordou a participación dos inmigrantes nos comicios municipais.

Os países que teñen un acordo vixente con España nesta materia son Bolivia, Chile, Colombia, Ecuador, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai e Perú.

Así, os cidadáns destes países que viven en España de forma legal poderán exercer libremente o seu voto si se inscriben antes do 15 de xaneiro no censo electoral.

Na reunión da Comisión Permanente tamén se informou de que a Oficina do Censo Electoral dirixiu cartas personalizadas aos estranxeiros residentes que teñen dereito a inscribirse informándolles do procedemento.

A páxina web do Instituto Nacional de Estatística (INE) tamén conta con toda a información respecto diso.

Co fin de reforzar as actuacións de información postas en marcha, o Ministerio asegura que promoverá a colaboración coas asociacións de inmigrantes para facilitar o acceso á información.

Así mesmo, a Comisión Permanente do Foro para a Integración Social dos Inmigrantes fará un seguimento da campaña informativa e de divulgación sobre o procedemento de inscrición na oficina electoral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas