GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes coñecen os seus dereitos e deberes como consumidores en Galicia

(14/12/2010)

Os inmigrantes coñecen os seus dereitos e deberes como consumidores en Galicia

Luns, 13 de Decembro de 2010 

A Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Consumo desenvolven o programa 'Brandan', que dará a coñecer aos inmigrantes das catro provincias galegas os seus dereitos e deberes como consumidores, ademais de como aforrar nas tarifas eléctricas.

A Secretaria Xeral de Emigración explicou nun comunicado que o programa está dirixido especialmente aos residentes extracomunitarios, aínda que tamén poden participar os galegos retornados e os profesionais que traballan na área da inmigración.

O programa formativo xa se impartiu en Ourense e está previsto que os días 13, 17 e 20 de decembro se  desenvolva en Oleiros (A Coruña), Pontevedra e Lugo, respectivamente.

As unidades didácticas impártense en horario de tarde, desde as 16 ás 20 horas e os interesados en asistir poden consultar a páxina da Secretaría xeral de Emigración, www.galiciaaberta.com. RedInmigrante.es 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas