GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Valedor do Pobo alerta do aumento ´incontrolable´ de pobres

(26/11/2010)

O Valedor do Pobo alerta do aumento ´incontrolable´ de pobres
Sobe o número de mulleres e estranxeiros sen teito e baixa a idade dos indixentes


P.P / AXENCIAS SANTIAGO O Valedor do Pobo alertou onte dun crecemento "incontrolable" no número de persoas sen teito na comunidade galega debido ao "aumento exponencial" de parados. Nun informe extraordinario, esta institución advirte ademais que coa crise está aparecendo "unha nova xeración de pobres" cun perfil distinto: mulleres, novas e estranxeiros.

Á hora de falar dos novos pobres, Benigno López sinalou a persoas que "creceron inxerindo sustancias estupefacientes, estranxeiros que no seu día permaneceron refuxiados en centros de protección, adictos ao xogo, e persoas da terceira idade que viven en soidade".

Concretamente, as cifras apuntan a que o perfil maioritario de persoas sen teito en Galicia segue sendo un home (o 80% dos casos), con 45 anos de media, solteiro (no 40%), con fillos e inmigrante (no 35% dos casos, aínda que é do 50% na media estatal).

Sobre os estranxeiros, o Valedor recalcou o menor grao de inmigrantes sen fogar en Galicia fronte ao conxunto do Estado, pero resaltou que hai que ter en conta que a comunidade galega é tamén das zonas con menos taxa de poboación estranxeira.

O Valedor do Pobo chamou onte a atención das distintas administracións para "mellorar a atención" do colectivo de persoas en risco de exclusión social, polo que demanda unha dotación orzamentaria acorde coas necesidades e unha "maior coordinación" entre todos os implicados neste ámbito.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas