GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ferrol ensina galego aos inmigrantes para favorecer a súa integración

(25/11/2010)

Ferrol ensina galego aos inmigrantes para favorecer a súa integración

O curso está enfocado a eliminar barreiras lingüísticas á hora de acceder a un emprego.

Autor:
Efe
Localidade:
Ferrol
Data de publicación:
24/11/2010

O Concello de Ferrol dará clases gratuítas de lingua galega ao colectivo inmigrante da cidade, tamén dirixidas a emigrantes retornados, para favorecer a súa integración sociolaboral no municipio, segundo indicaron fontes do departamento de Benestar Social.

A edil da área, María López, explicou que se trata dun curso básico de 20 horas lectivas, pensado para eliminar «barreiras lingüísticas» á hora de acceder a un emprego.

O curso, que comeza hoxe, estará coordinado pola Oficina Municipal de Inmigración.

A oficina municipal de inmigración de Ferrol ocúpase de asesorar e orientar ao colectivo inmigrante da cidade sobre os seus dereitos e deberes, ademais de pór en práctica programas específicos e axudarlles a tramitar documentación para regularizar ou estabilizar a súa situación na comunidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas