GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Case 4.900 inmigrantes residentes en Galicia están chamados a votar nas municipais de maio

(25/11/2010)

Case 4.900 inmigrantes residentes en Galicia están chamados a votar nas municipais de maio

As solicitudes de inscrición no censo electoral poderanse facer desde o 1 de decembro ao 15 de xaneiro de 2011

Casi 4.900 inmigrantes residentes en Galicia están llamados a votar en las municipales de mayo

As solicitudes de inscrición no censo electoral poderanse facer desde o 1 de decembro ao 15 de xaneiro de 2011

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 (EUROPA PRESS)


Un total de 4.892 inmigrantes residentes en Galicia están chamados a votar nas eleccións municipais que se celebrarán o próximo 22 de maio de 2011, segundo informou o Instituto Nacional de Estatística (INE). Deles, 1.733 viven en Pontevedra, 1.902 na Coruña, 686 en Lugo e 571 en Ourense.


En concreto, nos próximos comicios poderán votar os cidadáns nacionais de Bolivia, Chile, Colombia, Ecuador, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai e Perú, ao asinar estes países un Acordo con España sobre participación nas municipais.


Para figurar nas listas electorais, requisito indispensable para poder votar, é necesario solicitar a inscrición no censo electoral para as eleccións municipais, ser maior de idade o día da votación e cumprir as demais condicións dos acordos. O período de inscrición para os nacionais destes países será do 1 de decembro de 2010 ao 15 de xaneiro de 2011.


Co fin de "facilitar" a presentación das solicitudes, a Oficina do Censo Electoral (OCE) remitiu unha comunicación personalizada aos 322.633 cidadáns destes países --4.892 residentes en Galicia--, salvo aos de Bolivia, que reúnen as condicións establecidads coa información dispoñible dos padróns municipais e das inscricións no Rexistro Central de Estranxeiros.


Dado que o Acordo de Bolivia con España asinouse recentemente, as 27.502 comunicacións personalizadas aos cidadáns nacionais de Bolivia remitiranse "proximamente", informou o INE.


SOLICITUDE DE INSCRICIÓN


A solicitude de inscrición para os cidadáns destes países que reciban a comunicación da OCE poderase realizar por Internet, accedendo ao trámite publicado na Sede Electrónica do InE ou por correo postal, sen necesidade de que o elector acuda a cada Concello correspondente ao seu municipio de residencia en España.


No caso de que a OCE poida comprobar o cumprimento dos requisitos esixidos, excepto a vixencia do permiso de residencia, o interesado poderá realizar a solicitude asinando a comunicación recibida, remitíndoa necesariamente por correo postal, que non necesita franqueo, e achegando fotocopia do cartón de identidade de estranxeiro en viogor ou certificado de residencia expedido pola Comisaría de Policía.


Os cidadáns destes países tamén poden presentar as solicitudes directamente nos concellos, cumprimentando o impreso dispoñible neles para tal fin.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas