GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba: “Hoxe os cidadáns galegos de Bos Aires, Montevideo, México e Venezuela xa poden viaxar a Galicia coa seguridade de que van recibir a mesma atención sanitaria que calquera outro cidadán galego”.

(23/11/2010)

Camba: “Hoxe os cidadáns galegos de Bos Aires, Montevideo, México e Venezuela xa poden viaxar a Galicia coa seguridade de que van recibir a mesma atención sanitaria que calquera outro cidadán galego”.

 
  • O Secretario Xeral da Emigración asinou o pasado venres un convenio coa Hermandad Gallega de Venezuela para facilitarlles a tramitación da tarxeta sanitaria aos galegos residentes no país.
  • Asegura que a tarxeta sanitaria para galegos residentes no exterior é “unha acción positiva de goberno que consolidará esa relación especial dos cidadáns galegos coa súa terra”.
  • Destaca que coa sinatura deste convenio “péchase o paso posterior á extensión deste dereito”.
  • “Si somos iguais debemos disfrutar dos mesmos dereitos básicos e, entre eles, o da saúde é un dereito fundamental”, subliña.


“Hoxe os cidadáns galegos de Bos Aires, Montevideo, México e Venezuela xa poden comezar a súa viaxe a Galicia coa seguridade de que, no caso de que xurdan problemas de saúde ou accidentes, van recibir a mesma atención sanitaria que calquera outro cidadán galego”. Así o manifestou este venres o Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, no acto de sinatura dun convenio de colaboración coa Irmandade Galega de Venezuela en Caracas para a realización da tramitación previa á emisión da tarxeta sanitaria para emigrantes.

“Si somos iguais debemos disfrutar dos mesmos dereitos básicos e, entre eles, o da saúde é un dereito fundamental”, subliñou Santiago Camba. O Secretario Xeral da Emigración lembrou que garantir a cobertura sanitaria aos galegos residentes no exterior nas súas visitas vacacionais ou estacionais á nosa comunidade foi unha das promesas electorais do presidente da Xunta que “se converteu en realidade” e, sinalou que agora, coa sinatura deste convenio “péchase o paso posterior á extensión deste dereito”.

Este acordo foi asinado no marco do "Congreso da Xuventude Galega e Descendentes Residentes en Venezuela", que se celebra na Irmandade Galega en Caracas, e ao que asistiron preto de 250 participantes. Na súa intervención, Camba expresou o seu convencemento de que a tarxeta sanitaria para galegos residentes no exterior é “unha acción positiva de goberno que consolidará esa relación especial dos cidadáns galegos coa súa terra; o que coñecemos como galeguidade”, sinalou.

O secretario da Emigración asegurou que os lazos entre os cidadáns do exterior e o seu país de orixe “só se fortalecerán cando sexan efectivos, cando resolven de xeito inequívoco problemas que afectan ao día a día dos nosos paisanos, cando fan que se sintan galegos porque senten que en Galicia importan, se lles ten en consideración e reciben un trato igualitario en relación co resto dos seus concidadáns”, apuntou.

“Galicia está onde está un galego”, proclamou, e agradeceu a “colaboración, o interese e a disposición” da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, “exemplo de galeguidade e espello no que se deberían mirar as entidades galegas do exterior para prantexar o futuro da Galicia Universal para o século XXI”, concluíu.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas