GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os países de orixe son clave para xestionar os fluxos migratorios

(19/11/2010)

Os países de orixe son clave para xestionar os fluxos migratorios

Venres, 19 de Novembro de 2010

Contar con instrumentos que permitan a cooperación cos países de orixe na xestión das migracións resulta clave para o control de fluxos de irregulares. Así o afirmou a secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, na quinta edición do Consello Transatlántico sobre Migración, organizado polo Instituto de Política Migratoria estadounidense, en Wáshington.

Segundo informou o Ministerio de Traballo e Inmigración, Terrón explicou en intervención que a coordinación cos países de orixe foi a vía que mellores resultados brindou a España e recordou o bo funcionamento que tivo no seu momento o Catálogo de Postos de Difícil Cobertura.

Esta xestión concertada, engadiu, esténdese a todos os aspectos da política migratoria e engloba tanto a selección de traballadores inmigrantes que poidan satisfacer as necesidades do mercado de traballo dos países de destino e a garantía dos seus dereitos como traballadores, como a loita contra a inmigración clandestina e o retorno aos seus países de quen non conten coa preceptiva autorización.

A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, que interveu como relatora na segunda sesión sobre redución da migración non autorizada, referiuse tamén á necesidade de potenciar as accións e políticas de integración social, especialmente en tempos de crises.

Nesta reunión, os temas a debater eran como xerar confianza pública na xestión migratoria, como reducir as migracións e o traballo non autorizados e como facilitar a mobilidade sen diminución da seguridade a través de instrumentos avanzados de control fronteirizo, e nela tamén participaron como relatores os Ministros responsables de inmigración de Reino Unido e Suecia, o Comisionado para a protección de fronteiras e aduanas de Estados Unidos e o Director Xeral de Asuntos de Interior da Comisión Europea.

O Consello Transatlántico sobre Migración, que foi creado en 2008 como froito da iniciativa do Migration Policy Institute, pon ao servizo dos principais responsables públicos a ambos os dous lados do Atlántico as investigacións máis avanzadas en materia migratoria e serve de foro de discusión e coordinación de políticas migratorias.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas