GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes retornados de Forcarei fanse oco no mercado laboral.

(18/11/2010)

Os emigrantes retornados de Forcarei fanse oco no mercado laboral.

A Fundación Galicia Emigración clausurou onte en Forcarei un curso de plantación e poda dirixido a inmigrantes e emigrantes retornados no que participaron 13 persoas. Neste tipo de actividades formativas os emigrantes retornados adoitan representar o 10% do alumnado. En Forcarei, en cambio, a cifra alcanzou o 80%. Entre os cursillistas houbo emigrantes retornados de Venezuela, Colombia ou México, pero sobre todo unha alta porcentaxe de retornados de países europeos como Francia e, por encima de todo, Suíza. Foi precisamente o alto índice de retorno ao municipio de emigrantes suízos o que animou ao alcalde de Forcarei, David Raposeiras, a contactar coa Fundación Galicia Emigración para reivindicar un curso que favorecese a reinserción laboral destas persoas. Segundo explicou onte a responsable dos programas, Vanesa Ucha, segundo os estudos previos realizados, a comarca acusa unha notable demanda de man de obra no sector forestal. De aí a aposta polo curso de poda e plantacións impartido por Asaja. Os participantes recolleron onte os seus diplomas nun acto presidido polo director da Fundación, Castelao Bragaña, que desexou unha rápida inserción aos participantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas