GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cáritas do Grove ofrece aos inmigrantes que residen na vila un curso de español básico

(18/11/2010)

Cáritas do Grove ofrece aos inmigrantes que residen na vila un curso de español básico

A oenegué constatou que o idioma é unha barreira para algúns colectivos

Localidade:
vilagarcía/a voz.
Data de publicación:
18/11/2010

Non é fácil vivir sen poder falar. Non é fácil, non, ter que recorrer aos signos e aos silencios á hora de ir facer a compra, de pasar consulta co médico, ao levar aos nenos ao parque ou cando toca arranxar algún trámite administrativo. Vivir sen dominar o idioma da sociedade na que están inmersos é un dos grandes problemas cos que conviven día a día os inmigrantes que chegan ao noso país procedentes de lugares de fala non hispana. No Grove, Cáritas decidiu intentar pór remedio a esa situación, e acaba de abrir o prazo de matrícula nun curso de español para inmigrantes. Explica Juan Caneda que quen se apunte a estas xornadas formativas recibirá 40 sesións de hora e media de duración. Tempo suficiente para alcanzar unhas nocións suficientes para poder manexarse con comodidade na vida diaria.

No Grove, hai xa algún tempo, o Concello organizou unha serie de cursos cos que se pretendía evitar que os problemas de idioma lastrasen o paso dos nenos inmigrantes polos colexios da vila. Pero nunca se puxo en marcha unha iniciativa similar destinada aos maiores de idade. Talvez porque se consideraba que estes poderían alcanzar pronto, e por se sos, un dominio básico do español.

Pero esa progresión autodidacta non parece ser posible en todos os casos. A idea de pór en marcha o curso de español xurdiu en Cáritas froito da experiencia directa que os voluntarios desta oenegué teñen cos inmigrantes que residen no Grove. «Hai mulleres magrebís que case non saen dá casa por que non saben falar español e por que tampouco ou entenden», conta Caneda. Foi pensando nelas, en abrirlles unha porta á integración e á socialización, como Cáritas decidiu organizar as clases de español. Os plans da organización pasan por formar un grupo de entre 12 e 15 alumnos, pero son conscientes de que é difícil alcanzar ese reto. «Hai xente que é moi remisa a pedir axuda», sinala Caneda. En calquera caso, «con que se apunte unha soa persoa, nós ímola atender. Ninguén que queira recibir as clases vai quedar sen elas», asegura o responsable de Cáritas no Grove.

As persoas interesadas en recibir estas clases de español poderán apuntarse no edificio de Cáritas, situado en Peralto. Para poder acceder a esta formación será necesario estar empadroado no municipio grovense.

Ese é o único requisito que pide a organización do curso, e faino cunha dobre intención: Ao estar empadroados na localidade meca, os inmigrantes teñen acceso a unha serie de axudas que doutra forma estarían fóra do seu alcance.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas