GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración incrementa o número de axudas económicas individuais a emigrantes.

(15/11/2010)

A Secretaría Xeral da Emigración incrementa o número de axudas económicas individuais a emigrantes.
  • En 2010 concedéronse 7.208 prestacións a galegos residentes no exterior fronte ás 5.046 do ano 2007. 
  • As partidas destinadas a este programa sufriron leves incrementos pese ás restricións orzamentarios da Administración autonómica motivadas pola crise. 

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia incrementa o número de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior con respecto aos anos previos á crise económica. Así, este ano, a Administración autonómica concedeu 7.028 prestacións a emigrantes en situación de dificultade, fronte ás 5.046 otorgadas en 2007 e as 6.249 do ano 2008.

Este incremento está relacionado cun aumento do número de solicitudes rexistrado no mesmo período como consecuencia das situacións de dificultade económica que están a pasar a meirande parte dos países iberoamericanos, sendo en particular as capas máis desfavorecidas das comunidades emigrantes galegas as que máis sofren. Neste aspecto sublíñase a situación dos galegos de Cuba, país con severas dificultades, no que se presentaron o 80% das solicitudes deste programa.

As partidas destinadas polo Goberno autonómico para esta fin nas últimas convocatorias oscilaron entre o mantemento e os leves incrementos, a pesar das restricións orzamentarias da Administración autonómica impostas pola crise.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas