GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rueda reivindica a importancia dos líderes sindicais para a integración laboral dos inmigrantes

(15/11/2010)

Rueda reivindica a importancia dos líderes sindicais para a integración laboral dos inmigrantes

Foto: XUNTA/Photographer: xoan crespo
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Nov. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Afonso Rueda, reivindicou este venres a importancia dos líderes sindicais na integración laboral dos inmigrantes, á vez que subliñou que o desenvolvemento económico e a creación de emprego "non é posible" sen a presenza de líderes e de emprendedores.

Manifestouno na inauguración do Seminario internacional 'Capacitación de líderes de organizacións de traballadores para a integración laboral dos inmigrantes', que organiza na capital galega a Fundación Humanismo e Democracia.

Na súa intervención, o conselleiro sinalou que a "capacitación" dos líderes é "unha necesidade" para a integración laboral de inmigrantes xa que, a día de hoxe, moitas empresas --cada vez máis internacionalizadas-- contan xa cun elevado número de inmigrantes no seu personal.

"A Xunta comparte a idea de co-desenvolvemento", sentenciou Rueda, quen interpretou esta opción como unha proposta para "integrar" inmigración e desenvolvemento de forma que tanto o país de envío como o de acollida poidan beneficiarse dos fluxos migratorios. Non en balde, o Goberno galego aposta por incluír este concepto no 'II Plan Director de Cooperación Galega 2010-2013'.

O seminario inaugurado este venres pretende impulsar un labor de reflexión sobre o mercado laboral europeo, con especial atención aos traballadores inmigrantes. De feito, conta coa participación de líderes sociais de Portugal, España, Romanía, Italia e Alemaña, cuxa presenza agradeceu o conselleiro.

INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS

O obxectivo do seminario é favorecer o intercambio de experiencias entre diversos países europeos, de forma que se poidan afrontar os retos e desafíos da xestión migratoria e o seu impacto nas relacións laborais das grandes e pequenas empresas.

A Fundación Humanismo é unha organización non gobernamental (ONG), constituída en 1977, que traballa no ámbito de cooperación para o desenvolvemento con proxectos de apoio ás poboacións máis desfavorecidas, prestando tamén "especial atención" á poboación migrante como un sector da poboación vulnerable. É membro do Centro Europeo para os Asuntos dos Traballadores.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas