GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vimianzo acollerá unhas xornadas interculturais

(15/11/2010)

Vimianzo acollerá unhas xornadas interculturais

Localidade:
carballo/a voz.
Data de publicación:
13/11/2010

A área de Servizos Sociais do Concello de Vimianzo está a preparar varias iniciativas que teñen por obxectivo a integración dos inmigrantes retornados que viven no municipio. O primeiro dos actos serán unhas xornadas de convivencia intercultural na que participarán os nenos da escola infantil municipal, entre os que tamén hai pequenos doutras nacionalidades. As actividades desenvolveranse do 22 ao 26 de novembro.

Ademais, e como xa fixo noutras ocasións, o departamento de Servizos Sociais está a preparar un curso de galego para inmigrantes. As clases están pensado tanto para as persoas que non saiban nada de galego, como para aquelas que xa coñezan un pouco do idioma. Os interesados en participar deben porse en contacto con Servizos Sociais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas