GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Asociacións de inmigrantes cren que o recorte suporá un "golpe mortal"

(11/11/2010)

Asociacións de inmigrantes cren que o recorte suporá un "golpe mortal"

Santiago de Compostela, 10 nov (EFE).- As asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados de Galicia consideran que, se se confirma a supresión das subvencións que recibían, significará un "golpe mortal" para a súa subsistencia.

Representantes do Foro Galego de Inmigración desprazáronse esta mañá á Secretaría Xeral de Emigración da Xunta para que se fixese efectivo o pago das axudas correspondentes a 2010, pero foron recibidos por un funcionario que os remitiu á publicación dunha convocatoria para ONGs do pasado mes de xullo.

O Foro explica nun comunicado que esta orde refírese exclusivamente a ONGs que traballan con inmigrantes e emigrantes retornados, pero non ás asociacións que forman estes colectivos, que si tiñan unha convocatoria propia nos anos anteriores, "agora suprimida", e que "ía destinada de forma exclusiva a estas asociacións e para programas de integración e fomento da interculturalidade".

Para o Foro, "de ser certa a información extra-oficial de supresión destas axudas, as asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados de Galicia quedariamos sen axuda algunha neste ano 2010 para desenvolver as nosas actividades" e "podería supor a desaparición práctica de moitas das nosas asociacións".

Tras resaltar o "importante traballo" que desenvolven, insisten en que "o incipiente movemento asociativo da inmigración e emigración de retorno en Galicia, aínda máis importante en tempos de crises e desemprego xeneralizado, quedaría ferido de morte de confirmarse este feito".

Agrega que "a situación é, ademais, dramática, porque hai bastantes asociacións que xa realizaron actividades ao longo do presente ano 2010 de formación, integración, fomento da interculturalidad, etc. e que contan con esa achega da subvención para cubrir os gastos derivados desas asociacións".

Tamén apuntan que poderían "considerar razoable, neste tempo de dificultades económicas, un recorte orzamentario" das axudas, "pero nos parece de máxima gravidade a eliminación desta vía de subvención básica e única" para estas asociacións.

Finalmente, subliñan que, ademais, trátase dunha contía que, en total, supón un recorte orzamentario moi pequeno", xa que se trata de axudas cun termo medio nos anos anteriores de 2.000 a 5.000 euros. EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas