Ao longo do mes de novembro a Secretaría Xeral da Emigración vai organizar tres actividades formativas sobre as migracións, en Santiago de Compostela, na sede da Escola Galega da Administración Pública (EGAP).
Ditas xornadas e encontros son os seguintes:
- Xornada sobre a lei de estranxería (16 de novembro)
-picar aquí para máis información e inscrición [3]
- Encontro galego de profesionais da inmigración. Proxectos, experiencias e boas prácticas. (23 de novembro)
-picar aquí para máis información e inscrición [4]
- Xornada sobre planificación e xestión de proxectos para o colectivo migrante (30 de novembro)
-picar aquí para máis información e inscrición [5]
No marco destas actividades abordaranse aspectos de interese relacionados coa reforma da lei de estranxería, experiencias e boas prácticas de integración en diferentes eidos, e a planificación e xestión de proxectos dos concellos e entidades, segundo os programas que se detallan no Plan de Formación.
As inscricións ás xornadas e ao encontro realizaranse por medios telemáticos a través do portal www.galiciaaberta.com [6] cumprimentando a ficha de inscrición que figura no enlace da web “Inmigración e retorno/ Plan de Formación/ Inscrición en cursos e xornadas/ Tipo de formación: seleccionar xornada”.
Á cada actividade poderá asistir un máximo de 60 persoas, realizándose a selección por orde de inscrición. O xantar terá lugar na propia EGAP.