GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A tripla discriminación das empregadas inmigrantes

(04/11/2010)

A tripla discriminación das empregadas inmigrantes
A maioría só consegue traballar no sector doméstico e o 65% delas faio sen contrato, formando parte da economía mergullada

I. A. C. / AXENCIAS MÁLAGA
Ser muller, inmigrante e traballadora do fogar é sinónimo dunha tripla discriminación á que se enfrontan a maior parte das mulleres que deciden vir a España en busca de emprego. Medio millón de mulleres traballan en situación irregular no servizo doméstico. A maioría son estranxeiras, segundo un informe de Intermón Oxfam presentado onte. Son invisibles para o sistema, cando desempeñan un labor fundamental na sociedade, que permite a conciliación do traballo e a vida familiar en España.
Os datos de Intermón revelan que en España unhas 859.000 familias dispón dalgún empregado no fogar, aínda que só están dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social para este sector unhas 295.000 persoas, na súa maioría (o 93%) mulleres, e o 61% delas son inmigrantes. Segundo a ONG, o 65% deses empregos pertence á economía mergullada.
O que pode resultar máis rechamante é que boa parte do salario que perciben é esencial e vital nas economías dos seus países de orixe, xa que as remesas de diñeiro que envían duplican por dous e nalgúns casos ata por tres a axuda oficial ao desenvolvemento que destinan os países desenvolvidos.
O informe de Intermón Oxfam revela que as mulleres non só son a maioría das inmigrantes, senón que son quen envían maiores e máis constantes volumes de diñeiro aos seus familiares, o que implica que o impacto das remesas das mulleres na economía dos países de orixe é maior que o dos homes. A ONG destaca que as mulleres non só realizan o 60% das transferencias, senón que ademais, destinan aproximadamente o 40% do seu salario, mentres que os homes só envían cifras próximas ao 14% do seu soldo.

Sen dereitos
O informe de Intermón, que se centra nos catro países andinos (Bolivia, Perú, Ecuador e Colombia), incide en que os dereitos das mulleres inmigrantes empregadas no fogar son vulnerados «de forma sistemática polos seus empleadores e polas institucións, e en que o seu poder de negociación ante estes está anulado porque na súa maioría son irregulares e temen a expulsión do país», denunciou Mónica Corona, coordinadora do programa Abrindo Mundos, que puxo en marcha esta ONG.
«Este réxime inmoral e insensato non só é un pasaporte á explotación de miles de mulleres, senón o mellor modo de botar polo sumidoiro os importantes beneficios que achegan ás familias españolas e aos seus propios países de orixe», afirmou pola súa banda Gonzalo Fanjul, portavoz de Intermón Oxfam, quen insistiu en que na última década produciuse un fenómeno de feminización da inmigración en España.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas