GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Publicada no BOE a Sentenza do Supremo que modifica o Regulamento de Réxime Comunitario

(03/11/2010)

Publicada no BOE a Sentenza do Supremo que modifica o Regulamento de Réxime Comunitario


Hoxe día 3 de Novembro publicouse a famosa SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO que anula varios preceptos do RD 240/2007 sobre libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da UE e doutros Estados parte no Acordo sobre Espazo Económico Europeo.

A Sentenza recoñece a reagrupación de parellas de feito inscritas en rexistros autonómicos e o dereito dos viúvos de españois a conservar a súa residencia.

Igualmente, O Tribunal Supremo fallou que teñen o mesmo dereito a entrar, permanecer e circular libremente por España todos aqueles estranxeiros que teñan fillos españois, independentemente de cal sexa o seu lugar de procedencia, a condición de que cumpran o resto de requisitos establecidos.

Ademais de recoñecer a libre circulación dos pais, a sentenza contempla que as autoridades teñen que facilitar a residencia por motivos excepcionais aos familiares dun español que dependan del ou estean ao seu cargo aínda que non sexan directos, xa que elimina a restrición que impuña o Real Decreto pola que só gozarían deste dereito os parentes de ata segundo grao de consanguineidad, é dicir, avós ou irmáns.

APOIA OS REXISTROS AUTONÓMICOS DE PARELLAS DE FEITO

Por outra banda, o Supremo recoñece a lexitimidade dos rexistros de parellas de feito das comunidades autónomas. O texto recoñecía o dereito a reagrupar á parella estranxeira a condición de que a relación estivese inscrita nun rexistro que non permitise duplicidades.

Ao non existir un rexistro único e si distintos autonómicos, podía caber a posibilidade de duplicidade. O Supremo elimina a esixencia dun único ficheiro, dando validez ás inscricións nos sistemas que manexan as distintas rexións españolas.

Ademais, a Sala anulou os requisitos que se impuñan aos viúvos de españois, que tiñan seis meses desde o falecemento para conseguir "os papeis" e acceder a un permiso de traballo coma se fosen inmigrantes de países de fóra da UE. "O viúvo dun español xa non perderá o seu cartón, é dicir, que o seu falecemento non afectará ao dereito de residencia da súa familia", sinala o avogado, José Luís Rodríguez Candea, Letrado de Andalucía Acolle.

Ver texto completo da SENTENCIA DO TRIBUNAL SUPREMO

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas