GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«A crise freou a chegada de estranxeiros, pero non se foron», afirma Nogueira

(02/11/2010)

«A crise freou a chegada de estranxeiros, pero non se foron», afirma Nogueira

Autor:
Francisco Espiñeira
Localidade:
A Coruña/a voz.
Data de publicación:
31/10/2010

José Nogueira, concelleiro de Persoal e Interior do Concello coruñés, do que depende a oficina do padrón, constata que a chegada de estranxeiros á cidade «detívose nos últimos meses debido ao impacto da crise económica, pero a boa noticia é que os que están non se foron, talvez porque están perfectamente integrados e o sistema de protección municipal está a funcionar».

Nogueira asegura que a porcentaxe de poboación foránea da Coruña, un dez por cento, «é sorprendente, sobre todo se se ten en conta que estamos nunha esquina de Europa e que somos unha cidade mediana-pequena».

135 países

O edil coruñés destaca «a variedade das procedencias, cun total de 135 países representados dos cinco continentes, aínda que, como é lóxico, o que máis abundan son os suramericanos, cos que hai uns lazos históricos desde os tempos da emigración».

No entanto, José Nogueira non cre que a presenza de inmigrantes teña un efecto decisivo na evolución da poboación na cidade. «O número de estranxeiros que se incorporan ao padrón da cidade é menor que o das persoas que regresan á metrópoli uns anos despois de estar nos municipios limítrofes». E é que, indica o edil coruñés, «o fluxo de persoas que retornan incrementouse, pero tamén decreceu o número de mozos que se marcharon debido ás activas políticas de promoción de vivendas públicas que puxo o Concello en marcha».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas