GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta crea portal web para facilitar a inserción laboral de inmigrantes

(27/10/2010)

A Xunta crea portal web para facilitar a inserción laboral de inmigrantes
26-10-2010 / 15:10 h

Santiago de Compostela, 26 oct (EFE).- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe en Santiago de Compostela a creación dun portal web "multiidioma" para facilitar o acceso a un posto de traballo das persoas inmigrantes que viven en Galicia.

Esta iniciativa enmárcase dentro dun convenio de colaboración asinado hoxe entre a Consellería e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) que busca potenciar a formación e a inserción laboral deste colectivo, a través da mellora das súas competencias profesionais e lingüísticas.

A titular de Traballo indicou tras a firma do convenio que a Xunta investirá 300.000 euros en diversas actuacións, entre as que destaca a posta en marcha deste portal web que incluirá, entre outros recursos, unha oficina virtual de consultas sobre o emprego dirixida tanto ás persoas inmigrantes como aos empresarios.

O novo portal, que estará activo nuns quince días, ofrecerá información en sete idiomas -galego, castelán, portugués, inglés, francés, árabe e romanés-, explicou a conselleira.

Mato explicou que o convenio contempla tamén a realización dun estudo para coñecer a situación da comunidade inmigrante en Galicia, así como as circunstancias de acceso á formación e os índices de inserción laboral deste colectivo.

Así mesmo, destacou que o Executivo autonómico promoverá tamén accións destinadas a "sensibilizar" aos empresarios e informarlles sobre as oportunidades que ofrece a contratación de inmigrantes.

Pola súa banda, o presidente da CEG, Antonio Fontenla, sinalou que o obxectivo deste acordo é "incrementar as opcións de traballo da comunidade inmigrante" e destacou que "afinar as competencias dos traballadores constitúe unha das mellores garantías para dispor dun posto de traballo".

Así mesmo, Fontenla sinalou que o portal pretende ser unha "ferramenta de referencia para os inmigrante galegos nos ámbitos de información e formación para o traballo" e precisou que os empresarios tamén poderán ter acceso aos contidos.

O presidente da CEG asegurou que en Galicia existen pouco máis de 100.000 inmigrantes, fronte aos seis millóns que residen no conxunto do Estado, aínda que apuntou que as estatísticas do padrón confirman que se trata dunha comunidade en "constante crecemento".

A este respecto, apuntou que no último ano a poboación de inmigrantes incrementouse nun 10 por cento.EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas