GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes son máis vulnerables a riscos e enfermidades laborais

(27/10/2010)

Os inmigrantes son máis vulnerables a riscos e enfermidades laborais
Martes, 26 de Outubro de 2010 16:11
trabajadorasAs enfermidades e lesións laborais cébanse especialmente cos traballadores estranxeiros, máis que cos seus compañeiros autóctonos. Especialmente preocupante é a situación das inmigrantes ocupadas no servizo doméstico, que se expón a importantes riscos ambientais, ergonómicos e psicosociais.

Así o constata un estudo elaborado polo Centro de Investigación en Saúde Laboral (CISAL). Os resultados confirman que as condicións laborais dos inmigrantes ecuatorianos, marroquís, romaneses, colombianos e subsaharianos son, en parte, responsables desta vulnerabilidade.

O estudo asegura que o medo ao despedimento e as repercusións económicas da falta de emprego son os maiores obstáculos que os traballadores inmigrantes perciben para esixir mellores condicións de traballo.

Cabe destacar un dato curioso: a autopercepción de mala saúde mental nos inmigrantes increméntase coa duración da estancia en España. Así mesmo, as persoas que traballan sen contrato son os que peores resultados mostran en saúde autopercibida.

Con todo, non todo é negativo. A política española sobre dereitos sociais e sanitarios das persoas inmigrantes é máis protectora que a de moitos outros países membros da UE, pois desde o ano 2000 todos os estranxeiros empadroados teñen acceso universal ao sistema sanitario e ata aqueles que non están rexistrados teñen acceso á atención médica en caso de enfermidade grave ou situacións de urxencia.

Ademais, os plans autonómicos de inmigración tamén perseguen a redución das desigualdades en materia de saúde.

Pero hai desafíos que superar e recoméndase promover a integración dos inmigrantes nas organizacións sindicais, facilitar o coñecemento dos seus dereitos laborais, revisar e reformar normativas específicas, sobre todo no caso das traballadoras domésticas, e promover a investigación de calidade sobre as condicións de traballo dos empregados inmigrantes. RI

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas