GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ferrol forma aos inmigrantes en prevención de violencia de xénero

(25/10/2010)

Ferrol forma aos inmigrantes en prevención de violencia de xénero

Ferrol, 25 oct (EFE).- O Concello de Ferrol puxo hoxe en marcha unha xornada de sensibilización contra a violencia de xénero orientada ao colectivo inmigrante do municipio, que organiza a Oficina Municipal de Inmigración de Ferrol, segundo indicaron fontes municipais.

A xornada, "Á integración dende a igualdade", comezou á primeira hora desta mañá con participación de 21 mulleres procedentes de Armenia, Uruguai, Perú, Nixeria, Brasil ou Colombia, que forman parte dos máis de dous milleiros de estranxeiros censados en Ferrol.

Estas mulleres recibirán información sobre as vías e recursos para denunciar a violencia machista, ademais de explicar como se educa na igualdade.

Para facilitar a asistencia de familias con fillos, o concello puxo en marcha un servizo gratuíto de gardería para nenos de 3 a 8 anos, e a comida ao mediodía é gratuíta para as asistentes. EFE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas