GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires augura "unha nova etapa na cooperación ao desenvolvemento entre Galicia e Arxentina"

(25/10/2010)

O Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires augura "unha nova etapa na cooperación ao desenvolvemento entre Galicia e Arxentina"
  • López Dobarro clausurou este venres o "Curso de Formación para axentes de cooperación en entidades galegas".
  • Trátase de incluír as asociacións de emigrantes como actores e impulsores de proxectos de cooperación.
  • Os seminarios foron impartidos por representantes gobernamentais, de organizacións sindicais e sociais.

O Delegado do Goberno galego en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, destacou este venres que coa celebración do "Curso de Formación para axentes de cooperación en entidades galegas" "se abre unha nova etapa" na relación de Galicia con Arxentina nesta materia.

Alejandro López Dobarro foi o encargado de pronunciar a intervención de peche deste curso organizado pola Xunta de Galicia para fortalecer como axentes de cooperación internacional para o desenvolvemento aos centros galegos de Arxentina. Preténdese que os participantes nesta actividade poidan comprender a dinámica da cooperación internacional e as súas principais metodoloxías de traballo con vistas a que poidan elaborar e presentar os seus propios proxectos neste terreo.

Dobarro  asegurou que esta actividade virá a "enriquecer" a cooperación entre ambos os dous países e dotará dun novo eixe de actividades e perfil social aos centros galegos de Arxentina. Na súa comparecencia agradeceu a participación das preto de 30 persoas que dedicaron toda esta semana "a formarse para axudar".

Os seminarios deste curso tiveron lugar entre o luns e o venres nas instalacións do Centro Galicia de Bos Aires. Os encargados de impartir as clases foron representantes do Goberno da Cidade de Bos Aires, da Municipalidade de Xeneral Pueyredón, da Fundación Muller, Paz e Desenvolvemento, do Instituto de Desenvolvemento Arxentino Sustentable, da Unión Arxentina de Traballadores Rurais e Estibadores, consultores privados e da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas