GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Igualdade e Emigración asinaron con oito ONGs convenios para apoiar a mulleres inmigrantes vítimas de prostitución ou trata

(22/10/2010)

Igualdade e Emigración asinaron con oito ONGs convenios para apoiar a mulleres inmigrantes vítimas de prostitución ou trata

A colaboración coas oito ONGs ten como obxectivo desenvolver un programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e vítimas de trata con fins de explotación sexual, coa finalidade de apoiar a súa recuperación e a integración social e laboral

 

A secretaria xeral da Igualdade sinalou que se busca axilizar a aplicación dos beneficios de protección, atención e recuperación ás mulleres vítimas de trata ou en situación de prostitución

Santiago Camba resaltou que soamente mediante actuacións coordinadas e cun plantexamento integral se pode lograr a inserción social das mulleres inmigrantes en situación de vulnerabilidade para así evitar a súa exclusión social
 
A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, e o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, ven de asinar o pasado luns con oito ONGs convenios de colaboración para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, que contan cun orzamento total de 334.000 e están cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Ao acto de sinatura asistiron as persoas responsables das oito ONGs que traballan en Galicia con mulleres no eido da prostitución, como son a Asociación Faraxa pola abolición da prostitución, a Asociación Ecos do Sur, Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, Cáritas Diocesana de Ourense, o Centro O Mencer das Irmás Oblatas do Santísimo Redentor, as RR. Adoratrices de Ourense, Cruz Vermella e Médicos del Mundo.

Marta González lembrou que a violencia contra as mulleres, en calquera das súas formas “é unha lacra da nosa sociedade e é responsabilidade das administracións públicas traballar para erradicala” e destacou que unha das formas de violencia contra as mulleres máis “aceptada” pola sociedade é a prostitución e outra das formas de violencia máis “descoñecida” é a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.

“Tanto unha coma outra, dixo González, teñen nas mulleres inmigrantes as súas principais vítimas e por iso e nosa obrigación actuar e tentar protexelas, xa que a prostitución e a trata son “a nova forma de escravitude moderna“ na que están implicadas redes de carácter internacional que, aproveitando a situación de pobreza e necesidade de moitas mulleres en diferentes países do mundo, “enriquécense a costa da súa escravitude ante o xeral desinterese e a indiferenza das administracións públicas, os medios de comunicación e da sociedade en xeral”.

Sen embargo, dixo a secretaria xeral da Igualdade, a Xunta de Galicia “non quere mirar para outro lado e con estes convenios, se pon en práctica o Protocolo de actuación institucional sobre adopción de medidas de prevención, investigación e tratamento ás mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, que afonda na necesaria colaboración entre as administracións e entidades implicadas na atención e recuperación das vítimas”.

Pola súa banda, o secretario xeral da Emigración lembrou que as mulleres inmigrantes sofren “unha dobre discriminación” pola súa condición de muller e de inmigrante. “Xénero e inmigración son dúas variables que cando van xuntas poden aumentar o risco de discriminación e desigualdade” por iso estas mulleres, en situación de especial vulnerabilidade, precisan dun especial apoio para superar esa dobre discriminación.

De aí, sinalou Camba, a importancia de convenios como os que se asinaron hoxe, xa que “soamente mediante actuacións coordinadas e cun plantexamento integral, como as que se están acometendo a través destes convenios de colaboración, se pode lograr a inserción social das mulleres inmigrantes en situación de vulnerabilidade para así evitar a súa exclusión social”.

España, e Galicia con ela, atópase entre os países da Unión Europea que son destino do tráfico de persoas destinadas á explotación sexual. Este fenómeno dáse no caso galego con mulleres procedentes de Latinoamérica e do Leste de Europa. As mulleres veñen atraídas pola esperanza dunha vida mellor e de traballo, e caen nas redes das mafias que se lucran coa explotación das mulleres.

A esta realidade é preciso darlle unha resposta integral mediante a prestación dun servizo de atención específico para mulleres inmigrantes que exercen a prostitución ou son vítimas de trata e explotación sexual, polo que de xeito conxunto, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Secretaría Xeral da Emigración tratan de reforzar e ampliar os servizos existentes que xa están a traballar con estas mulleres, de xeito que poidan abranguer toda a Comunidade Autónoma galega.

Entre as actuacións que realizarán estas ONGs están as de asesoramento, apoio e información respecto aos recursos sociais e xurídicos; acompañamento para a realización de trámites administrativos e burocráticos; creación de grupos de apoio para lograr espazos de referencia para o encontro, intercambio e apoio mutuo; capacitación de mediadoras sociais ou axentes de cambio; desenvolvemento das potencialidades e capacidades das beneficiarias, a través de actividades de socialización, educación, formación e integración, con especial incidencia na formación para facilitarlles ó acceso o emprego de novas tecnoloxías; a realización de obradoiros sobre diversos temas e o traballo na sensibilización da sociedade sobre a situación das mulleres que están a padecer esta situación

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas