GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Malos tempos para a afiliación de estranxeiros á Seguridade Social

(22/10/2010)

Malos tempos para a afiliación de estranxeiros á Seguridade Social

Venres, 22 de Outubro de 2010

ailiación

Cae o número de afiliados estranxeiros por segundo mes consecutivo Setembro é o segundo mes consecutivo en que se reduce levemente o número de afiliados estranxeiros á Seguridade Social. A caída foi de 9.260 persoas en setembro, un 0,49% menos que en agosto.

Segundo datos difundidos polo Ministerio de Traballo e Inmigración, o mes pasado houbo 1.868.675 inmigrantes cotizando, cifra que en conxunto supón o 10,57% de todas as afiliacións dese mes.

Os datos interanuais son algo peores, xa que en comparación con setembro de 2009, a redución do número de inmigrantes afiliados foi do 2,09%.

A maioría dos cotizantes estranxeiros proceden de fóra da Unión Europea (1.192.017 persoas9, mentres que os 676.658 afiliados restantes son orixinarios da UE. Os cidadáns romaneses baten a marca de máis afiliados á Seguridade Social, con 288.839 cotizantes, seguidos dos marroquís, con 216.065 traballadores dados de alta; ecuatorianos, que conta con 171.043 afiliados; colombianos (115.352), chineses (81.925) e bolivianos (80.666).

Salvo os traballadores autónomos e os dados de alta no réxime agrario, o resto dos réximes diminuíron o seu número de afiliados estranxeiros.

Cataluña concentra o 22,79% de afiliados estranxeiros, con 425.849 persoas. Séguenlle Madrid, co 21,12% dos cotizantes (394.715 persoas); Andalucía, con 209.785 traballadores dados de alta (11,23%), e Valencia, con 192.707 (o 10,31%). RI

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas