GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O 60% dos fogares inmigrantes non pode afrontar gastos imprevistos

(21/10/2010)

O 60% dos fogares inmigrantes non pode afrontar gastos imprevistos

Un estudo analiza as súas condicións de vivenda e as circunstancias económicas en España.

O 60% dos fogares de inmigrantes non poden afrontar gastos imprevistos. Isto signifi ca que unha avaría en calquera parte da casa coa que non se contaba, unha visita ao dentista ou ter que levar o coche ao taller mecánico poden supor un grave problema na economía familiar, e ata leva a atrasarse no pago dalgunha das facturas da luz, a auga, a comunidade ou ata a hipoteca ou o aluguer.

Así se desprende do estudo As condicións de vida da poboación inmigrante en España, elaborado por EAE Business School e que ten por obxectivo analizar as condicións de vivenda e as circunstancias económicas da poboación foránea en España e realizar unha comparación cos fogares cuxos membros son autóctonos. "Un de cada cinco fogares de inmigrantes non europeos atrásase nos seus pagos", sinala Mario González, director do informe. "Este problema dáse tamén entre o 4% e o 5% dos fogares españois", engade.

As vacacións, un luxo

O estudo revela que a crise económica minguou seriamente as condicións de vida dos novos veciños nos últimos dous anos. "Os últimos datos dispoñibles confi rman unha tendencia negativa que comezou en 2008", di o informe. O principal efecto desta crise é que máis da metade dos fogares de familias inmigrantes non poden permitirse unha semana de vacacións ao ano. Tampouco o 32,9% dos fogares cuxos membros son españois pode facelo. "Un fogar no que os seus membros sexan de orixe española ou europeo gasta ao ano unha media de 33.000 euros", explica o director do estudo, tendo en conta que a media por fogar está ao redor de tres membros.

Con todo, os fogares nos que os seus membros son de orixe suramericana ou africano teñen uns niveis de gasto medio de 25.000 euros, case un 30% menos que os fogares de españois. Manter o contacto A pesar das difi cultades, hai tres cousas que resultan imprescindibles nunha casa: o teléfono, a televisión e a lavadora. Practicamente a totalidade de fogares en España, xa sexan de cidadáns autóctonos ou foráneos, contan con estes aparellos en porcentaxes superiores ao 96%. De feito, o teléfono adoita ser unha das primeiras cousas que adquiren os novos veciños nada máis chegar, e nalgunhas comunidades autónomas, como Madrid, máis do cento por cento da poboación conta con teléfono, o que supón máis dun terminal por cidadán.


fonte: sisepuede

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas