GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ban Ki -Moon pide a Europa tolerancia cos inmigrantes

(20/10/2010)

Ban Ki -Moon pide a Europa tolerancia cos inmigrantes

Autor Marlen Borges

Estrasburgo, Francia, 19 oct (PL)

O secretario xeral de Nacións Unidas (ONU), Ban Ki-moon, pediu hoxe aquí a Europa tolerancia cos inmigrantes, á vez que advertiu o perigo dunha nova política de polarización.

Nun discurso ante o Parlamento Europeo, Ban expresou que algúns xogan co medo da xente e culpan aos estranxeiros de violar os valores europeos.

Moi a miúdo son os acusadores os que atacan eses valores e, con iso, a idea mesma do que significa ser cidadán da Unión, agregou.

Os capítulos máis escuros da historia escribíronse con tal linguaxe, dixo Ban, quen agregou que o principal branco é a poboación de confesión musulmá.

O mundo non pode permitirse unha Europa que actúe dese modo, expresou.

A máxima autoridade da ONU lamentou que o escenario non mellorase desde 2003, cando o seu antecesor, Kofi Annan, pediu no mesmo lugar aproveitar o impulso da inmigración e non diabolizala.

Engadiu que lle gustaría dicir hoxe que a situación cambiou, pero está profundamente preocupado.

Noutro momento do día ante o Consello de Europa o Secretario Xeral deplorou que a inmigración e a recesión económica provoquen unha ansiedade crecente nos países desenvolvidos e sirvan de pretexto a políticas de exclusión e discriminación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas