GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

UXT recorda que a inmigración debería ser abordada como unha Política de Estado

(14/10/2010)

UXT recorda que a inmigración debería ser abordada como unha Política de Estado
UXT reclama que as campañas electorais se realicen ao redor de políticas dirixidas a toda a poboación española, autóctona e estranxeira.

--------------------------------------------------------------------------------

UXT - Xoves, 14 de outubro de 2010

O sindicato denuncia que, unha vez máis, ante uns comicios, a situación da inmigración e as propostas populistas sobre a mesma, volven invadir os debates políticos, propostas que en moitos casos poden atentar contra dereitos fundamentais, socavar os valores da democracia e alentar actitudes xenófobas e de rexeitamento.

Neste sentido, UXT manifesta que non está a favor de limitar o empadroamento aos estranxeiros en función da súa situación administrativa.

Quere recordar que o Padrón é un rexistro puramente administrativo, non policial, nin de control da inmigración e a inscrición nel un requisito imprescindible para que as persoas en situación administrativa irregular accedan á asistencia sanitaria e á educación.

A lexislación actual establece a obrigación de todas as persoas que vivan en España de inscribirse no Padrón do Municipio no que se resida habitualmente, e unicamente para os estranxeiros non comunitarios, a obrigación engadida de renovar esta inscrición cada dous anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas