GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Betanzos. Normalización Lingüística organiza un curso de integración para inmigrantes

(14/10/2010)

Betanzos. Normalización Lingüística organiza un curso de integración para inmigrantes

Betanzos, 13/10/2010

O Concello de Betanzos a través do Servizo de Normalización Lingüística organiza un Obradoiro de integración cultural e lingüística para inmigrantes. Este obradoiro está destinado ao alumnado estranxeiro dos centros de ensino de Betanzos e á poboación inmigrante en xeral e terá lugar na Aula da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil, sita no complexo cultural Santo Domingo) os días 21, 22, 25, 26, 27 e 28 de outubro en horario de 17:00 h a 19:00 h.

A sociedade galega conta cunhas características particulares como son a súa historia, cultura e lingua propias que a diferencian doutras comunidades autónomas. Un dos primeiros pasos para integrarse na comunidade a que se achegan as persoas estranxeiras, e nomeadamente as familias é achegarse á cultura e á lingua do lugar que os acolle, por iso, dende o Concello de Betanzos e a través do Servizo de Normalización Lingüística organizamos este Obradoiro de integración cultural e lingüística.

Traballaranse contidos relacionados tanto coa lingua como coa cultura galega e betanceira. Trataranse polo miúdo as nocións para a comprensión da lingua galega estimulando a participación do alumnado, igualmente abordaranse contidos relacionados coa historia, xeografía, poboación, a xente, os costumes e os escritores de Galicia. Farase referencia ao cinema, o teatro e a actual literatura galegas, así como outros ámbitos cruciais para desenvolvérense na súa vida común como as novas tecnoloxías, o mundo laboral ou o lecer cotián.

As solicitudes de inscrición poderanse recoller e presentar no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no 2º andar da Casa do Concello, na praza da Constitución, dende o día 7 ata o día 19 de outubro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas