GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Caldas. Begoña Castro ultima cos centros educativos as datas das xornadas sobre integración

(14/10/2010)

Caldas. Begoña Castro ultima cos centros educativos as datas das xornadas sobre integración

Localidade: caldas/a voz
      Data: 14/10/2010             

A concellaría de Servizos Sociais de Caldas ultima cos centros educativos do municipio o calendario das xornadas de sensibilización sobre inmigración. Así o indicou onte a edila Begoña Castro, que incidiu en que esta iniciativa enmárcase no primeiro Plan Local de Integración e Convivencia, aprobado polo pleno do Concello o pasado xullo.

As xornadas de sensibilización estarán impartidas polo poeta e músico senegalés Abdoulaye Bilal Traoré. Constarán de dous partes, unha charla-coloquio dunha hora de duración e outra hora de clases de djembé, un instrumento de persecusión africana. Abdoulaye Bilal Traoré colabora desde fai tempo co Concello e o pasado día 8 presentou na Biblioteca Municipal de Caldas o seu libro Oculto ao sol.

O Plan Local de Integración e Convivencia desenvolverase ata o ano 2014. A súa redacción concluíu durante o curso de verán da USC sobre inmigración en Galicia. O documento contempla distintas áreas de actuación como a de acollida e acompañamento, sensibilización, educación, vivenda, servizos sociais, emprego e formación, e muller, entre outras. En Caldas hai 440 inmigrantes censados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas