GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Consello de Europa, contra o control polas aerolíneas dos sen papeis

(13/10/2010)

O Consello de Europa, contra o control polas aerolíneas dos sen papeis

París, 12 oct (EFE).-

O comisario europeo de Dereitos Humanos, Thomas Hammarberg, denunciou hoxe as presións sobre as compañías aéreas para que exerzan un control dos seus pasaxeiros e impidan a entrada nos países europeos dos inmigrantes irregulares, unha misión que pode vulnerar dereitos, sobre todo dos refuxiados.

"A loita contra a inmigración irregular non se debe levar a cabo en detrimento dos que teñen razóns de buscar protección", sinalou o gabinete de Hammarberg nun comunicado.

Considerou "indispensable que Europa revise enteiramente os seus mecanismos de control das migracións" porque "a responsabilidade de determinar se tal ou cal inmigrante debería ter ou non a posibilidade de entrar nun territorio non debe pesar nas costas dunha compañía de transporte público ou privado que non ten nin a vocación, nin os medios para facelo".

O comisario europeo constatou que moitos Estados europeos endureceron "considerablemente" a súa normativa para tratar de reducir os fluxos de inmigrantes, e así derivaron unha parte da responsabilidade nas aerolíneas, ameazadas de sancións en caso de non cumprir con ese tipo de obrigacións.

A consecuencia, ao seu xuízo, é que "en caso de dúbida, as compañías prefiren negar o acceso a bordo dun avión a un refuxiado potencial antes que arriscarse a ter que pagar unha multa e asumir os gastos de aloxamento do interesado, así como a súa viaxe de volta".

Esas prácticas poden desvirtuar as garantías do dereito internacional sobre os dereitos humanos e os refuxiados, "que prohibe aos Estados reenviar a unha persoa a un lugar no que podería ser vítima de tortura, ou no que a súa vida ou a súa liberdade estarían efectivamente ameazadas".

O de hoxe non é o primeiro pronunciamiento de Hammarberg nos últimos tempos sobre a inmigración, xa que nas últimas semanas denunciou prácticas xenófobas en diferentes países europeos, en particular contra colectivos como os musulmáns ou os xitanos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas