GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Programas Formativos no Sector Agroforestal da Fundación Galicia Emigración

(08/10/2010)

Programas Formativos no Sector Agroforestal da Fundación Galicia Emigración

A Fundación Galicia Emigración desenvolve en 5 localidades galegas un Programa Formativo no sector AGROFORESTAL onde se desenvolverán catro cursos diferentes nos que participarán un total de 75 emigrantes retornados e inmigrantes, co obxectivo de proporcionar unha capacitación laboral que favoreza a  súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí os formularios de inscrición.

 


1.    Curso de Uso de Motoserra (Verín)
2.    Cursos de Tala Forestal (Carballo e Vilalba).
3.    Curso de Plantación e Poda (Rivadavia).
4.    Curso de Xardinería (Lalín)
 



1.- CURSO DE USO DE MOTOSERRA EN VERIN (OURENSE).
 

  • DESCRICIÓN

Programa Formativo capacite que capacite para executar de forma eficiente o apeo, desramado e tronzado de árbores forestais, facendo un correcto uso da motoserra.

  • BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
  • DURACION E DATAS IMPARTICION: A duración será de 40 horas lectivas, que desenvolveranse do 25 de outubro ao 8 de novembro de 2010, de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00 h.
  • LUGAR: Casa da Música – Aula 21. c/ José Mª Pereda, 3. Verín (Ourense)
  • CONTIDOS

I.    O equipo de seguridade.
II.    Tipos de motoserra.
III.    Elementos e mecánica da motoserra.
IV.    Mantemento, axustes e reparacións.
V.    Práctica de corte vertical en madeira.
VI.    Práctica de corte horizontal.
VII.    Rebotes e reaccións frecuentes.
VIII.    O afiado.
IX.    Procedementos de traballo no monte e zonas verdes.
X.    Apeo de árbores.
XI.    Desramado.
XII.    Torado.
XIII.    Rozas especiais.
XIV.    Factores de risco.
XV.    Accidentes.
XVI.    Sinalización.
XVII.     Permisos.
 

Enviar por Fax: 981 55 46 12 ou correo electrónico : formacion@fundaciongaliciaemigracion.es



2.- CURSOS DE TALA FORESTAL EN CARBALLO (A CORUÑA) E EN VILALBA (LUGO).

  • DESCRICIÓN

Programa Formativo que capacite para que capacite para executar traballos selvícolas.

  • BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
  • DURACION: A duración será de 40 horas lectivas
  • CONTIDOS

I.    Preparación de ferramentas e maquinaria para realizar podas e rareos.
II.    Limpas e rareos en explotacións forestais e masas boscosas.
III.    Podas sobre especies forestais para favorecer o seu desenvolvemento equilibrado con vistas á súa comercialización ou interese ecolóxico.
IV.    Funcionamento e manexo da motoserra.
V.    Traballos selvícolas.
VI.    Identificación de especies forestais.
VII.    Circunstancias que determinan a necesidade de realizar rareos.
VIII.    Técnicas para apear, desramar e tronzar árbores de pequeno diámetro.
IX.    Técnicas base da poda.
X.    Tipos de poda en función da especie
XI.     Desenvolvemento e vocación da árbore.
 

  • PRAZAS : 30 alumnos (15 alumnos en cada localidade).
  • LOCALIDADES, DATAS IMPARTICION, HORARIO E LUGAR:

    1.- CARBALLO: Do 25 de outubro ao 10 de novembro, de 10:00 h a 14:00 h, na aula de Formación de Xóvenes Agricultores, c/ Fiunchos, baixo.
    2.- VILALBA: Do 28 de outubro ao 11 de novembro, de 16:00 h. a 20:00 h., nas instalacións do Concello, Praza da Cosntitución, s/n.

  • FIN PRAZO DE INSCRICION:

1.- CARBALLO: 20 de outubro
2.- VILALBA: 22 de outubro

Enviar por Fax: 981 55 46 12 ou correo electrónico : formacion@fundaciongaliciaemigracion.es


3.- CURSO DE PLANTACIÓN E PODA EN RIBADAVIA (OURENSE).

 

  • DESCRICIÓN

Programa Formativo que capacite o coñecemento das necesidades e dos mecanismos de nutrición vexetal e das distintas clases de aboamentos, a aplicación da auga de rego e os principais tipos de substratos e cortar e podar

  • BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
  • DURACION E DATAS IMPARTICION: A duración será de 40 horas lectivas, que desenvolveranse do 25 de outubro ao 8 de novembro de 2010, de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00 h.
  • LUGAR: Centro Social de Ribadavia. c/ Extramuros, nº 26. Ribadavia (Ourense).
  • CONTIDOS

I.    Aboado: nutrición vexetal, aboamentos orgánicos e minerais, análise e tomas de mostras, técnicas de aplicación de aboado e fertilización e medio ambiente.
II.    Necesidades hídricas e programación de rego.
III.    Rego de superficie, por aspersión e localizado.
IV.    Conservación e mantemento do equipo de bombeo e distribución de auga.
V.    Fertirrigación.
VI.    Principais tipos de substratos.
VII.    Cortar e podar.
VIII.    Podar e tallar árbores.
 

Enviar por Fax: 981 55 46 12 ou correo electrónico: formacion@fundaciongaliciaemigracion.es


4.- CURSO DE XARDINERIA EN LALIN (PONTEVEDRA).

 

  • DESCRICIÓN

Programa Formativo que capacite que capacite na adquisición de coñecementos básicos de bioloxía e botánica, identificar un bo número de especies vexetais, realizar as tarefas fundamentais de cultivo, coñecer os factores ambientais máis importantes que afectan o chan de cultivo e o modo de enfrontarse a eles, adquirir nocións de deseño para distribuír o xardín e hortas domésticas, así como para realizar arranxos florais.

  • BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
  • DURACION E DATAS IMPARTICION: A duración será de 40 horas lectivas, que desenvolveranse do 19 de outubro ao 11 de novembro de 2010, de luns a venres, de 10:00 h. a 12:40 h.
  • LUGAR: Casa da Xuventude.
  • CONTIDOS

I.    Aboado do xardín.
II.    Combater enfermidades e pragas.
III.    Cultivar plantas de bulbo.
IV.    Plantar céspede.
V.    Podar e tallar árbores.
VI.    Cortar e podar.
VII.    Coidado das plantas.
VIII.    Decorar o xardín con pérgolas, paneis e celosías.
IX.    Instalación de sistema de rega en terrazas e balcóns.
X.    Mantemento de céspede.
XI.    Plantar, coidar e plantar roseiras.
XII.    Preparación do chan de xardín.
 

Enviar por Fax: 981 55 46 12 ou correo electrónico : formacion@fundaciongaliciaemigracion.es

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela
formacion@fundaciongaliciaemigracion.es
Tel: 981 55 44 63
Fax: 981 55 46 12

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas