GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 8.000 inmigrantes europeos poderán votar en Galicia

(06/10/2010)

Máis de 8.000 inmigrantes europeos poderán votar en Galicia

A reforma electoral impedirá a 350.000 emigrantes galegos participar nas locais


REDACCIÓN | SANTIAGO Un total de 8.225 cidadáns doutros países da Unión Europea poderán votar en Galicia nas eleccións municipais do próximo 22 de maio, segundo as estimacións do Instituto Nacional de Estatística (INE). A provincia con maior participación deste colectivo é Pontevedra, con 3.250 electores. A segunda circunscrición en canto a potenciais votantes comunitarios é Ourense, con 2.201, seguida da Coruña, con 1.847, e Lugo, con 927.

Para facilitar o exercicio do dereito ao voto deste colectivo, a Oficina do Censo Electoral remitirá por correo unha comunicación a aqueles cidadáns comunitarios censados en España e que non manifesten ata agora a súa vontade de votar. Fronte a estes novos electores, os emigrantes perderán o dereito a elixir aos alcaldes dos seus municipios de orixe nos comicios da próxima primavera. A reforma da lei Electoral pactada no Congreso este verán fará que, por primeira vez, máis de 350.000 emigrantes galegos queden sen dereito a voto nunhas eleccións municipais.

Os comicios do 22 de maio serán os primeiros nos que se aplique este polémico veto, incluído na reforma electoral que esta semana iniciará a súa tramitación parlamentaria. PP e PSOE presentarán sendas proposicións de lei que recollen o ditame aprobado en xuño polo Congreso e que se tramitarán con urxencia para garantir a súa aprobación para as municipais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas