GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago. O Urbana Norte investirá 690.000 euros en programas de dinamización e integración

(06/10/2010)

O Urbana Norte investirá 690.000 euros en programas de dinamización e integración

Localidade:
santiago/a voz.
Data de publicación:
6/10/2010 
O proxecto Urbana Santiago Norte, para a dinamización e mellora de equpamientos nos barrios do norte do centro urbano, destinará 690.706 euros a programas de dinamización e integración social, igualdade de oportunidades e formación e educación de colectivos en risco de exclusión.
O contrato para desenvolver este programa adxudicouse onte de forma provisional a Eulen S.A. e Eulen Servizos Sociosanitarios para pór en marcha programas integrais de apoio, acollida e integración de inmigrantes e de dinamización sociocultural e integración para o colectivo xitano. Traballarase expresamente nos ámbitos de participación e dinamización social, promoción da autonomía persoal, inclusión social e intervención socio-educativa comunitaria para a integración de colectivos en risco de exclusión, con familias, infancia e mozas en situación de desvantaxe social.
O obxectivo é facilitar o desenvolvemento equilibrado e a cohesión social da poboación destes barrios, ademais de potenciar os procesos de democracia participativa para que os cidadáns poidan incidir na contorna no que desexan vivir. No ámbito do Urbana, tamén se adxudicou provisionalmente a segunda fase de restauración do monte de Deus por 101.997 euros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas