GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Expertos internacionais debaten sobre a inmigración infantil en Barcelona

(06/10/2010)

Expertos internacionais debaten sobre a inmigración infantil en Barcelona 
Foto de la Noticia 

Foto: REUTERS

BARCELONA, 5 Oct. (EUROPA PRESS) -


Axentes políticos e sociais de todo o mundo debaten en Barcelona sobre a inmigración infantil e como protexela a través da colaboración entre países, no marco da primeira Conferencia Internacional sobre Movementos Migratorios Infantís: Medidas de Protección e Apoio, que se celebra ata o mércores.

Na inauguración do congreso, o presidente coordinador executivo do Movemento Mundial pola Infancia (GMC), Miquel de Paladella, explicou que o obxectivo é tratar o problema da infancia desprazada de modo integral e a partir do interese superior do neno, así como estimular a colaboración entre países -- do sur e norte-sur-- para protexelos.

Nun comunicado, a Consellería de Acción Social e Cidadanía da Generalitat sinalou que a migración de nenos é, a miúdo, "invisible e difícil de detectar", polo que as políticas para atendelos poden ser "incoherentes" entre os países.

Entre os 150 participantes da conferencia cóntanse axencias das Nacións Unidas como Unicef e Acnur, ONG internacionais como Save the Children e Plan Internacional, así como gobernos nacionais, representantes da Unión Europea e da Unión Africana, expertos e académicos.

A sesión inaugural foi presidida pola Secretaria de Infancia e Adolescencia da Generalitat, Imma Pérez, acompañada de Denis Caillaux, membro da directiva do Movemento Mundial pola Infancia e Elisabeth Dahlin, Presidenta de Save the Children.

O Movemento Mundial pola Infancia, que promove o encontro, foi fundado na Sesión Especial sobre Infancia da ONU en 2002 polo ex presidente surafricano Nelson Mandela para protexer ao colectivo, e a súa sede mundialse trasladou de Nova York a Cataluña en 2009 grazas a un acordo coa Generalitat.

A nivel global, hoxe, o GMC está liderado por algunhas das organizacións e redes de infancia como ENDA Tiers Monde, Plan International, REDLAMYC, Save the Children, UNICEF e World Vision.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas