GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pontevedra integra nas súas aulas a un milleiro de escolares inmigrantes

(04/10/2010)

Pontevedra integra nas súas aulas a un milleiro de escolares inmigrantes


Máis de cincocentos alumnos cursan estudos na capital, á que seguen Marín, Vilaboa e Sanxenxo

A provincia segue sendo a primeira de Galicia en número de estranxeiros nas clases

Autor:
María Conde
Localidade:
pontevedra/a voz.
Data
3/10/2010


«Somos como unha pequena ONU», di o director do colexio de Barcelos, José Luís Martínez, ao referirse á diversidade de nacionalidades que conviven diariamente nas instalacións, onde case un 15% dos nenos son estranxeiros. Do mesmo xeito que este centro da cidade do Lérez, moitos outros na comarca son reflexo do que será a sociedade pontevedresa nun futuro moi próximo, na que o trilingüismo impulsado este curso desde a Xunta de Feijoo pode chegar a quedar curto.

A provincia pontevedresa segue encabezando a lista de escolares inmigrantes en Galicia, co 41% dos alumnos, un total de 5.515 contando os de Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos. Estes datos provisionais da Xunta corresponden ao actual curso, aínda que os específicos por municipios e nacionalidades aínda están en fase de elaboración por parte dos centros, de maneira que os máis actualizados son os do pasado 2009-2010.

Estes últimos reflectían unha notable presenza do alumnado estranxeiro nas aulas da comarca, cun total de 940 estudantes, contabilizando colexios públicos e privados, que representarían un 17% da citada cifra provincial.

Deles, 527 nenos están escolarizados na capital, á que lle segue Marín en número de escolares, cun total de 121. A presenza é destacada tamén en concellos como Vilaboa (60), Sanxenxo (59), Poio (55) ou Caldas de Reis (53). Cuntis é o concello onde a presenza de alumnos inmigrantes é case anecdótica, con tres. E o único municipio que non aparece neste balance é do Campo Lameiro.

Maioría de suramericanos

Os datos da Consellería de Educación correspondentes ao pasado curso reflicten tamén que no que se refire á provincia, a maior presenza nas aulas corresponde aos suramericanos, especialmente brasileiros (543), colombianos (538) ou arxentinos (391), o que facilita a integración. A continuación, figuran marroquís (506), portugueses (328), romaneses (216), chineses (129) ou tamén italianos (87).

Por detrás, o mapamundi colexial complétase entre outros con rusos, franceses, ingleses, estadounidenses, bolivianos, cubanos, etíopes, mexicanos e máis anecdótica é a presenza de alumnos de países como Bangladesh, Bélxica, Canadá, Níxer, Países Baixos ou Kenia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas