GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Médicos sen Fronteiras denuncia o abandono de centos de migrantes subsaharianos no deserto

(04/10/2010)

Médicos sen Fronteiras denuncia o abandono de centos de migrantes subsaharianos no deserto


Axencias




Médicos Sen Fronteiras declararon que Marrocos expulsou por centos de inmigrantes, incluídas mulleres e nenos, a unha terra de ninguén, sen comida nin auga, logo das violentas redadas efectuadas en varias cidades do país do África do norte.

O grupo humanitario afirma que entre 600 e 700 persoas foron arrestadas durante as redadas entre o 19 de agosto e o 10 de setembro, e abandonadas preto da fronteira entre Marrocos e Alxeria. MSF asegura que a policía algunhas veces destruíu os refuxios nos que habitaban os migrantes con escavadoras.

A organización MSF asegura que atendeu a 186 migrantes, entre eles 103 que tiñan lesións e feridas causadas polos violentos arrestos. O portavoz do goberno de Marrocos non respondeu ás chamadas para dar a súa versión dos acontecementos descritos pola ONG de médicos.

Marrocos, a miúdo, é utilizado polos migrantes como punto de paso desde África cara a Europa.

Europa e Marrocos asinaron acordos en materia de cooperación para combater a inmigración cara a Europa, mediante os cales Europa proporciona a Marrocos recursos para combater a inmigración. Moitos grupos de defensa dos dereitos humanos denuncian desde fai tempo que estes acordos que converten a Marrocos en xendarme das fronteiras de Europa, viola os dereitos dos emigrantes, xa que Marrocos non respecta os mesmos, e Europa mira para outro lado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas