GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

CURSO DE EXPERTO EN XESTIÓN SOCIO-EDUCATIVA DA INMIGRACIÓN NO EIDO LOCAL

(28/09/2010)

CURSO DE EXPERTO EN XESTIÓN SOCIO-EDUCATIVA DA INMIGRACIÓN NO EIDO LOCAL

 

novembro 2010 - abril 2011

facultade  CC. da educación

100 horas de duración

 

DIRECCIÓN

Mar Lorenzo Moledo

Profesora Titular de Teoría e Historia da Educación USC

 

Miguel A. Santos Rego

Catedrático de Educación Intercultural USC

 

REQUISITOS DE ACCESO

Licenciados/as en Pedagoxía, Psicopedagoxía, Psicoloxía, Socioloxía, Dereito

Diplomados/as en Educación Social, Traballo Social, Mestre

Profesionais da Administración Local

Profesionais do Traballo Social e da Educación

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Titulación Académica e Curriculum

 

TAXA DE MATRÍCULA

200

 

DATAS DE MATRÍCULA

DATAS DE PREINSCRICIÓN: Dende o 1/7/2010 ata o 25/9/2010

DATAS DE MATRÍCULA: Dende 28/9/2010 ata o 10/10/2010

 

BOLSA DE RESIDENCIA

15 Bolsas de aloxamento en Residencia Universitaria (para aqueles alumnos/as que sendo profesionais da administración local se despracen máis de 50 km dende o seu lugar de residencia) (so cando o curso tamén se celebre en sábado. Noite de venres a sábado). Priorizarase segundo a distancia ata completar as bolsas.

 

 

LÍMITE DE ALUMNOS

Máximo: 30

 

 

LUGAR

Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). Universidade de Santiago de Compostela

 

XUSTIFICACIÓN

É no contexto local donde a inmigración adquire maior complexidade, xa que é o lugar no que se expresan máis directamente as dinámicas sociais, as aspiracións persoais, os conflictos, e mesmo as solucións innovadoras que tratan de mellorar as condicións de vida e o respeto aos dereitos humanos. A maior parte das necesidades e demandas dos inmigrantes producense a nivel municipal por ser esta a administración pública máis próxima ao cidadán. Constitúe, xa que logo, un ámbito privilexiado para combinar o diálogo comunitario, a actuación integral e a proximidade social. Un fenómeno global como o da inmigración ten que estudarse tamén en perspectiva local posto que é neste marco donde cómpre artellar as mellores vías de integración e, aínda mellor, de inclusión. Por iso, falamos da importancia estratéxica do medio local na xestión cultural e socio-educativa da inmigración. Neste contexto, os profesionais da administración local, e mesmo aqueles que traballan nas áreas de xestión municipal de servizos sociais, educación, e participación e asociacionismo, son pedra angular deste proceso, polo que se deben dobrar as vontades para ampliar os seus coñecementos e mellorar as ferramentas que empregan no seu traballo a prol da integración.

OBXECTIVOS XERAIS

Introducir aos asistentes nas claves explicativas e interpretativas dos fluxos migratorios neste tempo de globalización e de conectividade

Analizar os principais referentes lexislativos en materia de inmigración

Estudar a xestión da inmigración dende os principais eixos de traballo de actuación municipal

Adquirir os coñecementos, habilidades e ferramentas necesarias para a xestión da inmigración no eido local

Mellorar as competencias de natureza intercultural na xestión local da inmigración

Crear un espazo de análise, reflexión e xerador de propostas para a xestión da diversidade no eido local

 

 

CRÉDITOS

Presenciais: 64

Traballo fin de curso: 24

Non presenciais: 12

 

 

PROGRAMA

Módulo I: Introdución ao feito migratorio e a administración local

Nº de horas: 4,30

Ponente: Gemma Pinyol. Directora do Gabinete da Secretaria de Estado. Secretaría de Estado de Inmigración y Emigración

Módulo II: As leis sobre inmigración en España: actualidade e perspectivas

Nº de horas: 12

Ponentes: David Moya Malapeira. Universidade de Barcelona

Módulo III: Inmigración e mercado de traballo

Nº de horas: 9

Ponentes: Maite Arufe, Asesora xurídica da Oficina de Inmigración do Concello de Ames. María José Méndez Lois, Universidade de Santiago de Compostela. M.ª del Carmen Brea Iglesias, Secretaria de Servizos Sociais e Políticas de Igualdade de UXT Galicia.

Módulo IV: Os servizos sociais ante a xestión da inmigración na administración local

Nº de horas: 12

Ponentes: Jesús Tato Rial, Traballador Social do Concello de Ames (A Coruña)

Módulo V: A atención educativa á inmigración: a integración escolar e social

Nº de horas: 12

Ponentes: Miguel A. Santos Rego e Agustín Godás Otero, Universidade de Santiago de Compostela.

Módulo VI: Inmigración e mediación

Nº de horas: 9

Ponentes: Carlos Giménez Romero, Universidade Autónoma de Madrid

Módulo VII: Inmigración e familia

Nº de horas: 12

Ponentes: Mar Lorenzo Moledo, Universidade de Santiago de Compostela. Lourdes Suárez Sánchez, Traballadora Social do Concello de Arteixo (A Coruña). Xosé Losada Enríquez, Educador responsable da Oficina de Educación, Inmigración e Minorías do Concello de Xinzo de Limia (Ourense)

Módulo VIII: Os proxectos culturais como vía de integración na comunidade

Nº de horas: 6,30

Ponentes: José A. Caride Gómez, Marcial Gondar Portasany e Xosé Ramón Barreiro Fernández. Universidade de Santiago de Compostela.

Módulo IX: Traballo final de curso:

Nº de horas: 24

Profesores titores: Julia Crespo Comesaña, Agustín Godás Otero, Mar Lorenzo Moledo, Diana Priegue Caamaño e Miguel A. Santos Rego. Universidade de Santiago de Compostela. Xosé Manuel Malheiro. Universidade de A Coruña

 

 

CALENDARIO CLASES PRESENCIAIS

As clases presencias desenvolveranse como máximo en dous venres e sábados de cada mes en

horario de 16.30-21h (venres) e de 9.30h-14h (sábados)

 

NOVEMBRO DE 2010 DECEMBRO DE 2010

Venres 5                             Venres 10

Venres 19                           Sábado 11

Sábado 20                           Venres 17

Sábado 18

 

 

XANEIRO FEBFFFEBREIROFFFFFFEABRIL

Venres 14               Venres 11                   Venres 29

Sábado 15               Sábado 12

Venres 28               Venres 25

Sábado 29

 

INFORMACIÓN

Facultade de Ciencias

da Educación

Campus Vida

981 563 100

exts. 13758/13890/13906

mdelmar.lorenzo@usc.es

giesculca@usc.es

www.usc.es/esculca

www.fegamp.org

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas