GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración e Consello da Cultura Galega amosarán o labor desenvolto polas sociedades de emigrantes de América no campo educativo en Galicia.

(27/09/2010)

Emigración e Consello da Cultura Galega amosarán o labor desenvolto polas sociedades de emigrantes de América no campo educativo en Galicia.

Ambas partes asinaron un convenio, dotado con 80.000 euros, que contempla tamén a edición e publicación facsimilar do “Almanaque Gallego” correspondente aos anos 1918-1927. O acordo prevé ademais inventariar e dixitalizar documentación sobre a inmigración galega en Brasil, especialmente nas áreas de Sao Paulo e Río de Janeiro.

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba Bouzas, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, asinaron pasado martes un convenio de colaboración polo que ambos organismos se comprometen a realizar unha exposición sobre o labor educativo das asociacións de emigrantes galegos.

Dita mostra, que levará por nome Luces de alén mar, servirá, deste xeito para amosar, a través de paneis e dun catálogo, o traballo desempeñado en Galicia polas sociedades de emigrantes de América, concretamente sobre as construcións escolares financiadas por esas asociacións.

Así mesmo, o convenio, que contará cunha achega de 80.000 euros -60.000 correspondentes á Secretaría Xeral da Emigración e 20.000 ao Consello da Cultura Galega- compromete a ambas entidades a traballar conxuntamente na realización, edición e publicación facsimilar do “Almanaque Gallego” correspondente aos anos 1918-1927 en dous volumes. Trátase dunha publicación editada en Bos Aires por Manuel Castro López, e que contaba con colaboradores como Manuel Leiras Pulpeiro, Manuel Murguía ou José Pérez Ballesteros.

Por último, o convenio servirá para inventariar e dixitalizar documentación sobre a inmigración galega en Brasil, especialmente nas áreas de Sao Paulo e Río de Janeiro. Todas estas actuacións recollidas no acordo estarán a disposición do público a través da páxina web www.galiciaberta.com.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas