GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes retornados e inmigrantes participan nun curso de informática con 80 horas lectivas que arrinca este luns

(27/09/2010)

Emigrantes retornados e inmigrantes participan nun curso de informática con 80 horas lectivas que arrinca este luns

EUROPA PRESS. 26.09.2010 -

A Secretaría Xeral de Emigración pon en marcha este luns un curso de informática básica, con 80 horas lectivas, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a inserción laboral e a promoción profesional a emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia.
Emigrantes retornados e inmigrantes participan en un curso de informática con 80 horas lectivas que arranca este lunes

Ampliar foto
A finalidade deste programa é proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a inserción e promoción profesional dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes, preferentemente con discapacidade, co desenvolvemento deste programa formativo para que o alumno aprenda o manexo das ferramentas básicas do computador e doutros programas de xestión.

O programa desenvolverase en Santiago do 27 de setembro ao 26 de outubro, cunha duración de 80 horas lectivas, distribuídas en 48 horas de práctica, 28 de coñecementos profesionais e catro horas de avaliación, durante catro horas diarias de luns a venres.

Esta acción formativa é gratuíta e os alumnos seleccionados recibirán unha axuda económica de seis euros diarios por xornada de asistencia, en concepto de axuda por desprazamentos e incentivos á asistencias.

Emigración explicou que, entre os contidos a tratar inclúese o Windows XP, Internet, Word 2007 e técnicas de procura de emprego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas