GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Programa Formativo no Sector da Hostalaría da Fundación Galicia Emigración

(24/09/2010)

Programa Formativo no Sector da Hostalaría da Fundación Galicia Emigración

A Fundación Galicia Emigración desenvolve en 4 localidades galegas (Cambados, Sanxenxo, Silleda e Pontevedra), un Programa Formativo no sector da HOSTALARÍA onde se desenvolverán catro cursos nos que participarán un total de 60 emigrantes retornados e inmigrantes, co obxectivo de proporcionar unha capacitación laboral que favoreza a  súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí o formulario de inscrición.


1.    Curso de Camareiro en Cambados (Pontevedra).
2.    Curso de Camareiro/a de Piso en Sanxenxo (Pontevedra).
3.    Curso de Camareiro/a de Piso en Silleda (Pontevedra).
4.    Curso de Recepcionista (Pontevedra)
 

1.-CURSO DE CAMAREIRO EN CAMBADOS (PONTEVEDRA).

  • DESCRICIÓN

Programa Formativo capacite para a realización das tarefas necesarias para coñecer os distintos tipos de comedores, mesas, bares e servizos .

  • BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
  • DURACION E DATAS IMPARTICION: A duración será de 100 horas lectivas (40 horas de teoría e 60 horas de prácticas), que desenvolveranse do 13 de outubro ao 10 de novembro de 2010, de luns a venres, de 09:00 h. a 14:00 h.
  • CONTIDOS

I.    Preparación da área de bar-cafetería previa o servizo.
II.    Oferta e servizo de bebidas en barra.
III.    Servizo de prancha: Sandwichs, Bocadillos, Torradas e Tortas.
 


2.-CURSO DE CAMAREIRO/A DE PISOS EN SANXENXO (PONTEVEDRA).

  • DESCRICIÓN

Programa Formativo que capacite para a identificar as peculiaridades que definen o posto de traballo, funcións, así coma características dos establecementos hostaleiros.

  • BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
  • DURACION E DATAS IMPARTICION: A duración será de 100 horas lectivas, que desenvolveranse do 13 de outubro ao 10 de novembro de 2010, de luns a venres, de 09:00 h. a 14:00 h.
  • CONTIDOS

I.    Introdución á area de traballo
II.    Limpeza e mantemento de superficies, mobiliario, elementos complementarios e accesorios.
III.    Posta a punto de cuartos e áreas de pisos.
IV.    Seguridade e hixiene no traballo.
V.    Calidade de servizo e atención ao cliente.
 


3.- CURSO DE CAMAREIRO/A DE PISOS EN SILLEDA (PONTEVEDRA).

  • DESCRICIÓN

Programa Formativo que capacite para a identificar as peculiaridades que definen o posto de traballo, funcións, así coma características dos establecementos hostaleiros.

  • BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
  • DURACION E DATAS IMPARTICION: A duración será de 100 horas lectivas, que desenvolveranse do 14 de outubro ao 11 de novembro de 2010, de luns a venres, de 09:00 h. a 14:00 h.

             5 horas/día, en horario a concretar.

  • CONTIDOS

I.    Introdución á area de traballo
II.    Limpeza e mantemento de superficies, mobiliario, elementos complementarios e accesorios.
III.    Posta a punto de cuartos e áreas de pisos.
IV.    Seguridade e hixiene no traballo.
V.    Calidade de servizo e atención ao cliente.
 



4.- CURSO DE RECEPCIONISTA EN LALIN (PONTEVEDRA).

  • DESCRICIÓN

Programa Formativo que capacite para a realización das funcións de información e xestión de reservas dos servizos que ofrecen os establecementos hostaleiros.

  • BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
  • DURACION E DATAS IMPARTICION: A duración será de 100 horas lectivas, que desenvolveranse do 14 de outubro ao 11 de novembro de 2010, de luns a venres, de 09:00 h. a 14:00 h.
  • CONTIDOS

I.    Aspectos administrativos de recepción
II.    Técnicas de comunicación oral e atención ao público
III.    Mecanografía audiovisual gráfica
IV.    Informática Básica
V.    Ofimática Básica
VI.    Seguridade e hixiene no traballo
 


INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela
formacion@fundaciongaliciaemigracion.es
Tel: 981 55 44 63
Fax: 981 55 46 12

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas