GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Marta Recalde: ´Moitos inmigrantes non se censan porque cren que a policía virá a levalos´

(23/09/2010)

Marta Recalde: ´Moitos inmigrantes non se censan porque cren que a policía virá a levalos´
"Para os empleadores é complicado dar traballo a un inmigrante porque teñen que pagar unha taxa e esperar tres meses a que salla a resolución da súa petición de arraigamento social"


Marta Recalde, en la sede de Equus Zebra. / thais r. paz

 

 

 

 

 

 

Marta Recalde, na sede de Equus Zebra. / thais r. paz

Di a encargada da asesoría legal da asociación Equus Zebra, Marta Recalde, que, no seu traballo, é tan importante escoitar e ser eficiente como observar para ver que problemas teñen os que sentan fronte a ela. Algúns dos inmigrantes que chegan á cidade non se empadroan, segundo a súa experiencia, porque teñen medo, por ignorancia, porque temen que a policía os devolva ao seu país, e péchanse dese modo as portas á sanidade gratuíta, a un avogado de oficio e á regularización da súa situación

GEMMA MALVIDO | A Coruña Marta Recalde é avogada e arxentina, no seu país dedicábase á mediación familiar e iso axudoulle a saber escoitar e, sobre todo, ensinoulle a observar, a entender os problemas das persoas máis aló do que estas lle contan. Dedícase á asesoría legal na asociación Equus Zebra, leva tres anos en España e sente que, tras a súa mesa na organización, consegue axudar a "os máis débiles", a realizar o seu ideal de Xustiza.

-O número de estranxeiros empadroados na cidade multiplicouse por seis nos últimos dez anos, é o mesmo estar empadroado que estar en situación regular?

-Estar empadroado abre as portas de moitas cousas, entre elas, da situación regular. O máis inmediato é que che dá acceso á asistencia social, á sanidade gratuíta e a un avogado de oficio. As persoas que están aquí nunha situación vulnerable e sen permiso de residencia, o que máis valoran é o acceso á asistencia sanitaria.

-Teñen obrigación os concellos a empadroar aos estranxeiros? Hai municipios que non o fan?

-Na Coruña nunca, que eu saiba, negáronse a empadroar a alguén; algunhas veces esixen unha identificación, aínda que non sexa un papel español e, algúns dos inmigrantes non teñen, nin sequera, documentos do seu país de orixe. Aos que veñen en patera e entran por Tenerife entrégaselles un Número de Identificación de Estranxeiros (NIE), pero outros que chegan por outras canles, nin sequera teñen ese documento e non se empadroan por medo ou por ignorancia. Nesta asociación temos como principio empadroar a todos os nosos usuarios, porque o padrón dálles dereitos; non é un trámite máis.

-Os datos do padrón reflicten un incremento da poboación latinoamericana, sobre todo da comunidade brasileira, notan ese incremento na asociación?

-A verdade é que non, pero tamén é certo que esta asociación ten tendencia a rexistrar máis consultas de africanos. Na consulta non se reflicte ese ascenso de inmigrantes brasileiros. Aquí a metade dos usuarios son latinos, de diferentes países, o 30% procede de Senegal e doutros lugares de África e o 20% de Marrocos.

-Na rúa pódense ver a máis cidadáns africanos que brasileiros, é que os africanos empadróanse menos?

-Os africanos que non se empadroan é porque residen en aldeíñas retiradas ou porque viven na ignorancia. Hai xente que leva en España dous ou tres anos pero que non se empadroan porque pensan que, se o fan, vai vir a policía a levalos. Hai xente que entra regular en España e que perde esa situación porque non lle renovaron o traballo.

-Cando xa foron empadroados, que outros pasos teñen que dar para regularizar a súa situación en España?

-Teñen que conseguir onde vivir, se teñen diñeiro e cartón de residencia, téñeno máis fácil para alugar, aínda que os donos teñen reticencias a meter estranxeiros nas súas casas; os latinoamericanos xogan con vantaxe, porque falan español e porque os propietarios venlles como un iguais, porque primeiro fóronse eles e agora o fluxo volve. Cos africanos as cousas son máis difíciles, aínda que, por exemplo, os senegaleses, axúdanse moito entre eles, van en grupo e son máis solidarios que os que veñen de países árabes. A min dixéronme, moitas veces, que son os cristiáns os que lles axudan.

-Pero sen traballo é case imposible alugar un piso, que opcións lles quedan?

-Cando non teñen onde vivir, se están sos van aos refuxios, pero se teñen familia xa o teñen máis complicado; a maioría quéixase de que a xente que está nos refuxios vive ao límite, non cumpre condicións de hixiene e, normalmente, ten problemas co alcol e as drogas, pero a algúns non lles queda outra solución. O que pasa é que necesitan máis medios, máis asistencia social e orzamento porque os centros fan o que poden, pero están ao límite.

-A que se debe o aumento dos estranxeiros na cidade?

-Creo que aquí os   tratan mellor que noutras cidades máis grandes e masificadas como Madrid ou Barcelona. A Comunidade Autónoma é máis pacífica e a xente é amable cos estranxeiros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas