GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Coruña. O número de estranxeiros na cidade multiplicouse por seis nesta década

(23/09/2010)

O número de estranxeiros na cidade multiplicouse por seis nesta década
Os países americanos, sobre todo Brasil, son os que máis inmigrantes achegan ao rexistro da Coruña . O 5% dos empadroados, 12.000 persoas, ten outras nacionalidades
Un coruñés de padres peruanos en una reunión de extranjeros residentes en la ciudad. / fran martínez

 

 

 

 

 

Un coruñés de pais peruanos nunha reunión de estranxeiros residentes na cidade. / fran martínez

 O número de estranxeiros censados na cidade multiplicouse por seis nesta década, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatísticas (INE). Hai máis mulleres empadroadas que homes, unha tendencia que se mantén desde as primeiras rabexadas do milenio. No último ano, o país que máis habitantes achegou ao censo coruñés foi Brasil, un posto que ocuparan antes países como Colombia e Arxentina. O crecemento da poboación inmigrante, coa crise, diminuíu

G. MALVIDO / A. RODRÍGUEZ | A Coruña O censo de estranxeiros multiplicouse case por seis (5,7) desde o ano 2000, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Dos 2.149 que había empadroados na cidade co cambio de milenio, os datos municipais pasaron a sumar os 12.000 estranxeiros, que supón xa o 5% da poboación total da cidade. A maioría proceden de países de América, sobre todo de Brasil.

No histórico de datos da cidade, a poboación estranxeira que experimentou unha subida máis acusada nesta década é a procedente de África que, dos 149 empadroados que tiña no ano 2000 pasou aos 1.292 de 2009; o que supón un incremento do 8,6%. Nesta lista séguenlle os asiáticos, con especial protagonismo dos chineses, cuxo incremento no padrón creceu case ata o 7% en tan só nove anos de estudo.

Durante os primeiros pasos do milenio, era a colombiana a comunidade que tiña máis veciños empadroados na cidade, unha nacionalidade que foi destituída do seu trono pola arxentina pero que, en 2007, volveu recuperar o país de Shakira. En 2003, os datos que rexistra o Instituto Nacional de Estatística, reflicten que había máis do dobre de cidadáns colombianos censados na cidade que procedentes de toda África.

Durante esta década, A Coruña tivo censadas a máis mulleres estranxeiras que a homes e, co paso dos anos, fóronse engadindo países de procedencia á táboa que, a principios de século non aparecían nos datos como comunidades emigrantes. Paquistán, Paraguai, Ecuador, República Dominicana, Cuba, Senegal, Alxeria, Ucraína, Polonia, Italia e Bulgaria, entre outros lugares, súmanse ao collage de nacionalidades que compón o padrón coruñés e que, anos atrás, estaba dominado por arxentinos, colombianos, alemáns e marroquís. Son xa 6.166 as mulleres que, o ano pasado, aparecían censadas no Concello fronte aos 5.871 homes que se mantiñan no padrón coruñés; unha tendencia que se mantén desde principios do século XXI, xa que sempre foron máis as mulleres censadas na cidade que os homes. O incremento máis acusado produciuse nos anos fortes da burbulla inmobiliaria, no paso do 2002 ao 2003, cando foron máis de 1.500 os estranxeiros que elixiron A Coruña para quedar a vivir.

Quizá pola chegada da crise, polo aumento do paro ou polo interese en buscar outras oportunidades noutros lugares, polo que o crecemento do censo de cidadáns procedentes doutros países descendeu en corenta nomes o ano pasado -dos 1.266 novos veciños que se inscribiron en 2008 pasouse aos 1.226 de 2009-; as causas non as rexistra o INE, aínda que eses descensos, ata máis acusados rexistráronse xa outros anos, como no 2007, cando só houbo 426 incorporacións cando, o ano anterior, anotáronse no censo máis de 1.200 persoas.

Os números que máis bailan nisto do padrón municipal son os dos residentes na Coruña que proceden de países de Oceanía ou que son apátridas -que carecen de nacionalidade-. O ano pasado eran 44 aínda que tan só nove anos atrás eran oito.

As idas e vindas da economía afectan ao censo da cidade e a poboación africana vaise facendo un oco no padrón da Coruña, así como ascende tamén o da poboación asiática.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas