GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O censo exterior dispárase con 24.000 altas desde as autonómicas

(14/09/2010)

O censo exterior dispárase con 24.000 altas desde as autonómicas

Nos oito primeiros meses deste ano sumáronse 10.900 emigrantes con dereito a voto

A provincia da Coruña perde electores na súa listaxe de residentes por primeira vez en dez anos

Autor:
Carlos Punzón
Localidade:
redacción/a voz.
Data de publicación:
13/9/2010

O peso dos emigrantes non deixa de crecer no conxunto do censo electoral galego. O acceso á nacionalidade para descendentes da diáspora e as novas remesas de emigración dispararon as altas no exterior ata facer que dito continxente represente xa o 13,48% do total dos galegos con dereito a voto.

As cifras deste ano que acaba de facer públicas a Oficina do Censo Electoral apuntan a que ese fenómeno, lonxe de estabilizarse, non deixa de aumentar, ata o punto de que o 2010 leva camiño de converterse no de maior entrada de emigrantes no corpo electoral da comunidade en toda a década.

Nos oito primeiros meses deste ano consignáronse 10.900 altas de emigrantes no censo electoral de residentes ausentes (CERA). A media anual dos oito exercicios completos anteriores fora de 9.151 altas, o que dá conta de que o repunte no 2010 pode ser moi superior ao habitual.

Sobe fóra, baixa en casa

Tendo en conta o espazo de tempo transcorrido desde a última cita coas urnas, a dos comicios de marzo do ano pasado, resulta que o censo electoral do exterior creceu en nada menos que 24.156 persoas, mentres que o volume de residentes en Galicia con dereito a voto fíxoo en 4.771. Un aumento do 7,2% na diáspora fronte ao 0,2% do interior.

Pero o peso da emigración é realmente dispar dentro da comunidade. Hoxe Ourense ten ao 22,40% dos seus posibles votantes no exterior (cinco puntos porcentuais máis que no 2002), mentres que en Lugo esa proporción é do 14%, do 11,84% en Pontevedra e do 11,67% na Coruña.

Descenso na Coruña

Con todo, nesa dinámica hai novas alarmas que fan prever que Galicia terá cada vez menos votantes dentro da comunidade. Por primeira vez en toda a década a provincia da Coruña perdeu integrantes do seu censo electoral. Esa circunstancia, que non deixa de ocorrer en Lugo e Ourense desde fai varios lustros, aparece de xeito novo na demarcación máis poboada da comunidade. No que vai de ano, A Coruña perdeu 324 posibles votantes, mentres que o conxunto da comunidade cede 1.578.

Só Pontevedra rexistra un incremento no seu censo interior, pero menor que o de anos anteriores, ao ser nesta ocasión só de 1.215 altas, mentres que no 2009 superou as catro mil.

En total, o censo electoral de residentes en Galicia queda establecido a día de hoxe en 2.308.380 persoas, mentres que o de residentes no exterior ascende a 359.513. Estes últimos non poderán votar nos comicios municipais se antes de que conclúa a lexislatura apróbase a reforma electoral pactada entre PSOE e PP e secundada pola maioría do arco parlamentario, pero soamente en comisión.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas