GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Seminario de Planificación de Novos Proxectos Empresariais.

(10/09/2010)

Seminario de Planificación de Novos Proxectos Empresariais.

A Fundación Galicia Emigración, en colaboración con BIC Galicia (Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia), abre o prazo de inscrición do  Seminario sobre Creación de novos proxectos empresariais, que terá lugar en Ourense,destinado a inmigrantes residentes en Galicia e emigrantes retornados con inquedanzas emprendedoras. Aquí pode descargar o formulario de inscrición.

 
  • OBXECTIVO:


Analizar e planificar o futuro negocio do emprendedor, facendo diversas tareas que faciliten a posterior elaboración dun Plan de Empresa. Para esto é necesario:
-Coñecer os conceptos básicos necesarios para a elaboración do Plan de Negocio.
-Deseñar e elaborar o Proxecto de Empresa.
-Contrastar a viabilidade económica financiera do proxecto empresarial.
-Apoiar a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas donde se desenvolvan os seminarios.
 

  • CONTIDO:


0- Entrevista de avaliación para á selección de proxectos
1- Emprendedor e empresa
2- O ámbito de actuación da empresa
3- Os procesos e a organización interna (I)
4- Os procesos e a organización interna (II)


Titoría 1: Avaliación da Memoria descritiva do proxecto
5- A viabilidade económica e financeira da empresa (I)
6- A viabilidade económica e financeira da empresa (II)
7- A viabilidade económica e financeira da empresa (III)
Titoría 2:- Avaliación dun plan económico financeiro
O Seminario é útil para aqueles emprendedores que teñan unha idea de negocio desenvolvida con anterioridade, ou  teñan un esbozo  da mesma.

  • DATAS: do 19 de outubro a mediados de novembro.
  • HORARIO: De luns a venres, de 16:00 h. a 21:00 h.( 35 horas lectivas e asesoramento de proxectos)
  • LUGAR: Na cidade de Ourense, en Caixanova, no Centro de Desenvolvemento (Avda. Pontevedra, nº 9).
  • PRAZAS: 15 alumnos
  • CUSTO: O seminario é de balde.
  • PRAZOS DE INSCRICIÓN:  Do 9 de setembro ao 11 de outubro.


Para inscribirse neste seminario débese cumprimentar a ficha de presinscrición e enviala xunto coa documentación requerida, á Fundación Galicia Emigración:
Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15. 15705 Santiago de Compostela (España)
T: 0034 981 554463 - Fax: 00346 981554612
autoemprego@fundaciongaliciaemigracion.es.
www.fundaciongaliciaemigracion.es
 
Descargar a ficha de preinsrición (picar aquí).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas