GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

"Os galegos non tratamos moi ben aos inmigrantes; ás veces actuamos como novos ricos"

(09/09/2010)

"Os galegos non tratamos moi ben aos inmigrantes; ás veces actuamos como novos ricos"
Estiman que os cidadáns foráneos en situación irregular roldan os quince mil

A.ARNÁIZ


Miguel Ferández Blanco, presidente del Foro Galego de Inmigración FOTO: Oscar Viferado

Miguel Fernández Blanco é presidente do Foro Galego de Inmigración.

É Galicia, dentro de España, unha zona atractiva para os inmigrantes?

Os datos estatísticos revelan que non. Galicia é unha das comunidades con menor porcentaxe de poboación inmigrante. O desenvolvemento económico fai máis atractivas outras zonas do Estado. Ademais, a inmigración na nosa comunidade está moi ligada á propia emigración galega ao exterior.

Cantos pode haber na comunidade fóra das estatísticas oficiais?

Desde o Foro calculamos que pode haber preto de 15.000 persoas en situación irregular en Galicia, porque cada vez resulta máis difícil o empadroamento para os inmigrantes que se atopan nesa situación, debido á presión policial e administrativa sobre este colectivo.

Son necesarios os inmigrantes para salvar a regresión demográfica que nos toca vivir?

A cuestión é complexa. Poida que sexan parte da solución, pero a baixada poboacional depende de múltiples variables. Non cremos que os inmigrantes vaian cubrir os baleiros demográficos da Galicia interior, se non ten atractivos económicos. De feito, adoitan asentarse en zonas ricas, con alta poboación. Iso si, unha vez asentados é evidente que supón un forte impulso poboacional de cara ao futuro.

En que sectores laborais predomina a inmigración en Galicia?

Adoitan ocupar os postos de traballo que nós rexeitamos. Hostalería e outros servizos, construción, asistentes do fogar, coidado de maiores, pesca e sector agrario.

A crise e o paro déixanse sentir neste colectivo?

Fai un par de anos era case nulo o desemprego neste colectivo, un dos máis dinámicos xa que non adoita importarlles cambiar de sector, localidade e asumir peores condicións laborais. Agora aféctalles o paro como ao resto da poboación, pero parece que se atisba unha recuperación nas contratacións.

Tratamos ben aos inmigrantes en Galicia?

Non moi ben, en ocasións actuamos como "novos ricos" e adoitamos dicir que cando emigrabamos nós era diferente. En relación a outras zonas do Estado, son mellor tratados e considerados e teñen menos problemas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas