GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España é o país europeo con maior taxa de extracomunitarios

(08/09/2010)

España é o país europeo con maior taxa de extracomunitarios
Os inmigrantes de fóra da UE suman 3,37 millóns, o 7,4% da poboación
A porcentaxe media dos Vinte e sete sitúase no 4%, segundo datos de Eurostat

Mércores, 8 de setembro do 2010
ELISEO OLIVERAS / Bruxelas


España converteuse no país da Unión Europea (UE) cun maior volume de inmigrantes extracomunitarios, que representan xa o 7,4% da poboación e case dobran a media comunitaria (4%), segundo os datos comparativos publicados onte por Eurostat, o organismo oficial de estatísticas europeas. O número de inmigrantes procedentes de fóra da UE que residen en España situouse en 3,37 millóns de persoas no 2009. Ademais, o país conta con 2,27 millóns de inmigrantes adicionais procedentes dos outros estados comunitarios.
Edición Impresa

España supera o 6,8% de inmigrantes extracomunitarios de Grecia, o 6,6% de Austria, o 5,7% de Alemaña, o 4,6% de Italia, o 3,9% do Reino Unido e o 3,8% de Francia. Aínda que aparentemente Letonia e Estonia teñan unha porcentaxe de extracomunitarios máis elevado que España (17,5% e 15,3%, respectivamente), a cifra é artificial debido a que ambos non recoñecen como cidadáns ás minorías rusófonas que viven no seu territorio desde antes da súa independencia como país.
MARROCOS E LATINOAMÉRICA / O maior grupo de inmigrantes extracomunitarios en España ten orixe marroquí (718.347), segundo os últimos datos de Eurostat. A segunda comunidade procede de Ecuador (421.597) e as seguintes de Colombia (296.795), Bolivia (230.797), China (147.539), Arxentina (142.328), Perú (139.236) e Brasil (126.236).

Os outros grupos extracomunitarios importantes proveñen da República Dominicana (88.139), Ucraína 82.298), Paraguai (81.584) e Venezuela (61.493). A maior parte da inmigración extracomunitaria en España é orixinaria de Latinoamérica (1,67 millóns), seguida do norte de África (780.164), Asia (319.183) e o resto de África (229.320).

Entre os inmigrantes residentes en España e procedentes doutros países da UE, predomina a comunidade romanesa (799.225), seguida da británica (375.856), a alemá (191.080), a italiana (175.387) e a búlgara (164.784).

19,91 MILLÓNS EN TOTAL / No conxunto da UE, os inmigrantes extracomunitarios ascenden a 19,91 millóns en total, segundo Eurostat. Os turcos constitúen o maior grupo (2,4 millóns) e representan o 8% do total, seguidos dos marroquís (1,8 millóns), co 6%, e os albaneses (1 millón), co 3% do total.

O maior grupo nacional inmigrante dentro da propia UE está formado polos romaneses, con dous millóns de persoas residindo noutro país (o 6% dos europeos que viven noutro país da UE). Séguenlle Polonia, con 1,5 millóns (5%); Italia, con 1,3 millóns (4%), e Portugal, con 1 millón (3%). Luxemburgo distínguese polo feito de que o 37,6% da súa poboación procede doutro país da UE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas