GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración avanza que a Lei de Galeguidade "necesita unha reforma" e abre un período de debate de 6 meses para o seu cambio

(13/08/2010)

Emigración avanza que a Lei de Galeguidade "necesita unha reforma" e abre un período de debate de 6 meses para o seu cambio

Apunta a "necesidade" de fixar un marco que defina a condición de retornado e mostra "o profundo rexeitamento" á eliminación do voto

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 (EUROPA PRESS)


O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, avanzou a "posibilidade" dunha futura reforma da Lei de Galeguidade para o que se establecerá un período de debate de catro a seis meses sobre aspectos dun texto que "foi moi avanzado no seu momento, pero poida que nestes momentos necesite unha reforma".


En rolda de prensa Camba expuxo as conclusións presentadas pola comisión delegada do Consello de Comunidade Galegas, entre as que se inclúen a "posibilidade" da reforma dunha lei que data do ano 1983 para presentar unha proposta de anteproxecto consensuado ao Consello do Goberno da Xunta para o seu posterior envío ao Parlamento.


Aínda que o secretario xeral de Emigración resaltou que "é posible que a lei haxa que reformala en moitos aspectos", non quixo adiantar ningún dos aspectos "por respecto á comisión delegada" e "non adiantarse ás propostas dos galegos no exterior".


En canto ás conclusións, Camba apuntou que foi unha reunión "proveitosa" onde todos os acordos alcanzáronse por "unanimidade", nos que se atopaban representantes de distintos centros de España, Europa e América.


Así, a comisión delegada deu luz verde á proposta de limitar a idade de participación en escolas abertas a menores de 35 anos co fin de potenciar a participación da mocidade galega. Xunto a isto, tamén aceptou a proposta de dar un maior protagonismo ás entidades galegas á hora de ser informados e consensuar programas de axuda.


Ademais, o Consello de Comunidades solicitou unha maior axilidade e simplicidade na tramitación de subvencións, coa intención de que as resolucións estean publicadas antes do fin de 2010, segundo apuntou Santiago Camba.


LEI DE RETORNO


Unha vez escoitado o anteproxecto da Lei de Retorno presentada pola Secretaría Xeral de Emigración, o Consello mostrou a "necesidade" de fixar un marco lexislativo que defina a condición de galego retornado, xa que a nivel estatal non existe ningún marco normativo polo que Galicia "sería a segunda comunidade --tras Cataluña-- que fai un desenvolvemento lexislativo sobre o retorno".


Así, remarcou como "esencial" este marco para poder xerar "medidas efectivas" que poidan garantir os dereitos dos emigrados.


Para iso, a Secretaría Xeral comprometeuse a editar "no prazo dun mes" unha guía de retorno para mellorar a información de interese para os galegos.


REXEITAMENTO A  ELIMINACIÓN DO VOTO EMIGRANTE


Por outra banda, Santiago Camba subliñou "o profundo rexeitamento" da Comisión ante a reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeneral, que elimina o dereito de voto dos españois.


Sobre este punto, o Consello definiu como "inadmisible" a proposta de rogo de voto no resto dos procesos electorais españois.


"Nós o único que pedimos desde un inicio, e pódese dicir máis alto pero non máis claro, era unha postura garantista pero nunca pensamos nun recorte deste tipo de dereitos", sentenciou.


PLAN EMIGRACIÓN


Ademais, presentouse á comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas o Plan Integral de Emigración elaborado pola Secretaría Xeral de Emigración, no que se deu un mes de prazo para efectuar as oportunas valoracións.


Nesta liña, valorouse a posibilidade dunha repartición territorial nas diferentes zonas para que os membros da comisión poidan informar por separado, e "a conveniencia" de manter reunións por separado nas distintas zonas.


FUSIÓN E RACIONALIZACIÓN


Xunto a isto, Camba resaltou "a preocupación" pola necesidade de emprender un proceso "racional e consensuado" de fusión de entidades galegas con "o obxectivo de impedir a perda de patrimonio da galeguidade".


Así, apuntou que se fará ver" ás entidades a necesidade desta fusión, "aínda que serán elas as que teñan a última palabra", onde deberán ademais "priorizar" as súas actuacións.


Todo iso, como un "compromiso e esforzo" do Goberno galego para mellorar a eficacia e no que se fará fincapé de "racionalización do gasto".


Así, destacou que os galegos no exterior "son os primeiros que teñen que dar exemplo" para facer recortes en gastos "innecesarios".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas