GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración europea

(11/08/2010)

Emigración europea

Autor:
Luis Gulín Iglesias
Data
11/8/2010

Durante a cerimonia oficial da Festa do Polbo do Carballiño sucedeu no salón de plenos algo interesante. Unha filla de emigrantes galegos, nacida en México, pero educada na cidade alemá de Stuttgart, facía de intérprete de lingua alemá para o concelleiro de cultura da cidade de Oberhausen, o señor Apostolus Tsalastras, fillo de emigrantes procedentes de Grecia e responsable nacional do partido de Willy Brandt no ámbito de políticas migratorias. Por unha vez, a lingua franca entre gregos e galegos foi o alemán. Por certo, hai que felicitar á tradutora, que tivo un papel cómodo coa delegación alemá, afeita e con táboas neste tipo de eventos, pero os nosos paisanos (excepto o alcalde carballiñés, Carlos Montes) non a axudaron moito no seu traballo. Soltar durante minutos un discurso con moitos detalles e logo esperar que se faga unha tradución decente, mostra que aínda queda moito por percorrer neste país no mundo das linguas estranxeiras. Sigo sen entender por que a Consellería de Educación recorre a nativos xubilados cando temos un potencial galego de segunda xeración da emigración retornada que non é aproveitado, nin en experiencias nin en coñecementos. E mira que o conselleiro, por nacemento, é dos francones de Baviera, da mesma terra que Henry Kissinger, Levi Strauss, Alberto Durero ou Max Grundig.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas