GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cae en 100.000 o número de estranxeiros residentes en España

(09/08/2010)

Cae en 100.000 o número de estranxeiros residentes en España

S. P. DE P. - Madrid - 07/08/2010

O número de estranxeiros que residen en España (os que contan con certificado de rexistro, por proceder doutro país da UE, ou cartón de residencia) descendeu en 98.330 persoas no último trimestre, tal e como se reflicte nos últimos datos publicados pola Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración relativos ao pasado 30 de xuño. Así, o total de estranxeiros residentes en España ascende agora a 4.744.166 persoas, un 2,03% menos que no trimestre anterior. Ademais, aínda que a variación interanual resulta positiva (hai 118.978 persoas máis que fai un ano), se se comparan os datos actuais cos do 31 de decembro de 2009 confírmase que a tendencia é, en efecto, ao descenso: hai 47.063 persoas menos.

Destes estranxeiros, máis da metade (o 51,36%) pertencen ao réxime xeral e o resto ao comunitario e, entre eles, mantense un incremento lixeiro do peso das mulleres, que representan o 47% dos estranxeiros.

En canto á nacionalidade de procedencia, o 40,7% son dun país da UE; o 28,4%, iberoamericanos; o 20,8%, africanos, e o 6,4%, asiáticos. Outro dato destacable é a diminución dos estranxeiros procedentes de Iberoamérica, habendo descendido sobre todo os ecuatorianos (nun 12,6%), así como a dos africanos (20.727 menos). En cambio, aumentaron respecto ao trimestre anterior (en 35.274 persoas) os residentes procedentes da UE.

Rumania, á cabeza
Respecto das nacionalidades máis presentes en España, este trimestre Marrocos (con 758.900 residentes) deixa de ser a máis numerosa e pasa a selo Rumania. Os residentes desta nacionalidade ascenden xa a 793.205 persoas. Seguen a estes países, por esta orde, Ecuador (con 382.129 persoas), Colombia, Reino Unido, Italia, Bulgaria, China, Perú e Portugal.

En seis das 15 principais nacionalidades (Bolivia, República Dominicana, Colombia, Perú, Alemaña e Ecuador) contabilízanse máis mulleres que homes. Os colectivos de estranxeiros con menor porcentaxe de mulleres son os portugueses e marroquís (con menos do 40% cada un). E en catro comunidades autónomas residen o 65,4% dos estranxeiros: Cataluña, Madrid, Andalucía e a Comunidade Valenciana.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas