GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno quere evitar o aumento de inmigrantes irregulares pola crise

(09/08/2010)

O Goberno quere evitar o aumento de inmigrantes irregulares pola crise

Madrid, 7 ago (EFE).- O Goberno pretende impedir a "irregularidade sobrevinda" ou situación de indocumentación na que quedan os estranxeiros cando perden o seu emprego co Regulamento da Lei de Estranxeiría, que segundo a secretaria de Estado de Inmigración, Anna Terrón, podería estar previsto a finais do ano.

En declaracións á cadea SER, recollidas por EFE, Anna Terrón asegurou que o feito de que os inmigrantes sen emprego non poidan renovar o seu cartón de residencia "pode ser un problema, pero non está pasando aínda de forma importante, porque a maioría seguen vinculados á Seguridade Social recibindo unha prestación por desemprego", o que lles permite realizar esa renovación.

"No Regulamento imos ver como impedir o que chamamos a irregularidade sobrevinda, que a xente pase a unha situación de indocumentación mentres está buscando emprego ou porque estea atravesando un bache ligado á situación económica", explicou a responsable de Inmigración e Emigración.

Sobre a redución do número de estranxeiros con cartón de residencia durante o segundo trimestre de 2010 en case cen mil persoas, que rompe a tendencia ascendente que se producía desde 2008, Terrón atribuír aos que retornaron aos seus países de orixe e a que moitos dos traballadores que levan moitos anos en España pasaron a ser nacionais do noso país ou do réxime comunitario.

A secretaria de Estado explicou que o texto do Regulamento "está case articulado" e que está previsto que en setembro se inicien as consultas aos órganos previstos na lei "coa idea de que antes de final de ano podamos ter" esa regulación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas